Cor dos ollos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 14 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ca»
Liña 187:
[[Ficheiro:HeterochromiaEye.jpg|miniatura|esquerda|Un exemplo de heterocromía sectorial. O suxeito ten un iris azul cunha sección de cor castaña.]]
{{Artigo principal|Heterocromía}}
A heterocromía do iris é unha condición ocular na que o iris dun ollo é de deferentediferente cor ca o iris do outro ollo (heterocromía completa), ou na que unha parte do iris é de diferente cor ca o resto do iris (heterocromía parcial ou sectoral). É o resultado do exceso ou ausencia relativas de [[pigmento]] nun iris ou en parte dun iris, o cal pode ser un carácter herdado ou adquirido por causa dunha doenza ou trauma.<ref name=Imesch>{{Cita publicación periódica |author=Imesch PD, Wallow IH, Albert DM |title=The color of the human eye: a review of morphologic correlates and of some conditions that affect iridial pigmentation |journal=Surv Ophthalmol |volume=41 |issue=Suppl 2 |pages=S117–23 |year=1997 |pmid=9154287 |doi=10.1016/S0039-6257(97)80018-5}}</ref> É unha condición bastante rara na que a melanina non está repartida uniformente no iris debido a varias posibles causas, que poden ser xenéticas, como o [[quimera (xenética)|quimerismo]], [[síndrome de Horner]] e [[síndrome de Waardenburg]].
 
Cómpre distinguir entre quimeras xenéticas e mosaicos xenéticos. Unha [[quimera (xenética)|quimera xenética]] orixinouse pola fusión de dous embrións distintos en fases moi temperás, e pode ter unha cor distinta en cada ollo do mesmo xeito que tamén a poden ter dous irmáns (que resultarían se os dous embrións non se tivesen fusionado), porque cada célula leva diferentes xenes para a cor dos ollos. Un [[mosaico xenético]] procede dun só embrión, e pode ter diferentes cores en cada ollo se se produciu unha mutación nalgunha célula durante o seu [[embrioxénese humana|desenvolvemento embrionario]] que afectou por casualidade a un xene para a cor dos ollos, e que herdan só as células que derivan da mutante.