Contido eliminado Contido engadido
 
Liña 25:
== Premio Estatal de Xornalismo Cultural ==
* Ola, ip. Poderías achegar alguha referencia para [https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Santiago_Jauregu%C3%ADzar&type=revision&diff=5812061&oldid=5811207 esta edición] na que apuntaches que o autor quedou finalista do Premio Nacional de Periodismo Cultural 2021 concedido polo Ministerio de Cultura de España? Até onde eu sei, ese premio non ten finalistas; é dicir, non chegan nunca a ser públicos e non son nin figuran recoñecidos de xeito ningún. Nas roldas de votación para ese galardón en concreto, pode haber 2, 20 ou 200 finalistas, tantos como propostas presentadas polos diversos representantes designados (entre eles, un da RAG). Se ben chegar a esa rolda é meritorio, por seren deliberacións secretas non implica recoñecemento nin transcendencia pública de ningún tipo. Se ando eu enganado e este autor ou calquera outro aparece listado como finalista nalgunha páxina oficial, naturalmente basta con iso para referencialo aquí; de non ser así, procederei a retiralo nos vindeiros días. Insisto no mérito que por suposto teñen quen chegan a finalistas destes importantes galardóns, pero tamén en que cómpre retirar a afirmación por non se tratar dun premio con finalistas recoñecidos. Moitas grazas e un saúdo. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 7 de xullo de 2021 ás 16:02 (UTC)
::Ola de novo, ip. Revertín logo a túa edición. [https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Santiago_Jauregu%C3%ADzar&actiontype=rollbackrevision&fromdiff=178.60.37.515813883&tokenoldid=b58a4402eb13f347e26c14bdbca18ca860e88132%2B%5C5812061] Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo cordial. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 9 de xullo de 2021 ás 17:04 (UTC)