Stockard Channing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de es:Stockard Channing
 
Jglamela (conversa | contribucións)
+ref
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Stockard Channing naceu en [[Nova York]], filla de Lester Napier Stockard, un magnate navegante, e de Mary Alice English.<ref>{{cita web |url=http://jacksonville.com/apnews/stories/031607/D8NTG8K02.shtml |title=Philanthropist Mary Alice Fortin dies in Florida |publisher=The Associated Press |date=16 de marzo de 2007 |access-date=11 de febreiro de 2015 |quote=Mary Alice Fortin, philanthropist and mother of actress Stockard Channing, died Wednesday night in Palm Beach, Fla., after an extended illness. She was 97.}}</ref> Creceu no [[Upper East Side]] e fíxose acredora da fortuna do seu pai cando este faleceu en 1950. Foi alumna de [[The Chapin School]], unha prestixiosa escola para rapazas de [[Manhattan]], e posteriormente de [[The Madeira School]] en [[Virxinia]].<ref name="yahoo"/> Channing estudou despois historia e literatura no [[Radcliffe College]] e graduouse en 1965. Casou co seu primeiro mozo, [[Walter Channing Jr.|Walter Channing]], cando tiña 19 anos. Del tomou o seu nome artístico "Stockard Channing", mesmo despois do seu divorcio.
 
Channing comezou a súa carreira como actriz coa compañía experimental Theatre Company de [[Boston]], coa que interpretou a obra de [[off-Broadway]] ''Adaptation/Next''. En 1971, debutou en [[Broadway]] con ''[[Two Gentlemen of Verona (musical)|Two Gentlemen of Verona]]'', de [[John Guare]].<ref name="yahoo"/><ref name="stiles">R. W. Stiles. "Light Opera Review: 'Two Gentlemen': Shakespeare in Rock," ''Pasadena Star-News'', 13 de maio de 1973, páx. 11.</ref> Channing apareceu por primeira vez na televisión en ''[[Sesame Street]]'' e posteriormente conseguiu un papel protagonista en 1973 no telefilme ''[[The Girl Most Likely To...]]'', unha comedia negra escrita por [[Joan Rivers]].<ref>[http://movies2.nytimes.com/gst/movies/movie.html?v_id=125843 "Review. ''The Girl Most Likely To...''], ''The New York Times''</ref>
 
Logo dunha serie de pequenas interpretacións en filmes, Channing coprotagonizou xunto a [[Warren Beatty]] e [[Jack Nicholson]] o filme de [[Mike Nichols]] ''[[The Fortune]]'' (1975). Porén, foi en 1978, aos 33 anos de idade, cando conseguiu o papel que a lanzou á fama: a moza Betty Rizzo no filme musical ''[[Grease]]''. Este papel valeulle o premio á mellor actriz secundaria favorita nos [[People's Choice Awards]].<ref>[http://www.peopleschoice.com/pca/awards/nominees/index.jsp?year=1979 "List of 1979 Awards"] People's Choice Awards.com</ref> Ese mesmo ano interpretou a secretaria de [[Peter Falk]] en ''[[The Cheap Detective]]''.
 
Channing protagonizou dúas [[sitcom]]s para a [[CBS]] entre 1979 e 1980: ''Stockard Channing in Just Friends'' e ''The Stockard Channing Show''. Tras un par de experiencias pouco produtivas en Hollywood, Channing volveu ao teatro.<ref name=tcm>[http://www.tcm.com/tcmdb/person/32147%7C0/Stockard-Channing/ "Stockard Channing Biography"] tcm.com, consultado o 28 de abril de 2012</ref> Despois de triunfar coa obra de Broadway, ''[[They're Playing Our Song]]'' (1980-81), repetiu éxito como nai na obra de [[Peter Nichols]] ''[[A Day in the Death of Joe Egg]]''. Por esta obra gañou o [[premios Tony|Tony]] á mellor actriz. Continuou o seu regreso de éxito aos escenarios traballando novamente con John Guare. De feito, recibiu dúas candidaturas máis aos Tony polo seu traballo nas obras ''[[The House of Blue Leaves]]'' (1986) e ''[[Six Degrees of Separation]]'' (1990), polo que ademais gañou o [[Obie Award]].<ref>[http://www.villagevoice.com/obies/index/ 1991/ Obies, 1991] villagevoice.com</ref> Channing alternou o seu traballo na televisión e foi candidata ao Emmy pola miniserie da CBS ''[[Echoes in the Darkness]]'' (1987) e gañou o [[CableACE Award]] polo seu traballo en ''[[Tidy Endings]]'' ([[HBO]], 1988).<ref name="yahoo"/>
 
A carreira cinematográfica de Channing deu un xiro en 1993 cando foi candidata ao [[Óscar á mellor actriz|Óscar]] e aos [[Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical|Globos de Ouro]] pola súa interpretación dunha marchante de arte do Upper East Side en ''[[Six Degrees of Separation (filme)|Six Degrees of Separation]]''.<ref name=tcm/> A partir de aí, os papeis en Hollywood multiplicáronse con títulos como ''[[To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar]]'' (con [[Patrick Swayze]])<ref>[http://www.tcm.com/tcmdb/title/93485/To-Wong-Foo-Thanks-For-Everything-Julie-Newmar/ "Cast and Crew, 'To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar'"] tcm.com, consultado o 29 de abril de 2012</ref> e ''[[Smoke]]'' (con [[Harvey Keitel]]) (1995), un pequeno cameo en ''[[The First Wives Club]]'', ''[[Up Close & Personal]]'' (con [[Robert Redford]] e [[Michelle Pfeiffer]]),<ref>[http://www.tcm.com/tcmdb/title/300934/Up-Close-and-Personal/ "Cast and Crew; 'Up Close and Personal'"] tcm.com, consultado o 29 de abril de 2012</ref> e ''[[Moll Flanders (filme)|Moll Flanders]]'' (1996).
 
Channing tamén tivo múltiples ofertas de televisión e teatro.<ref name="yahoo"/> Protagonizou o telefilme de [[USA Network]] ''An Unexpected Family'' e a súa secuela ''An Unexpected Life'', en 1998. Foi candidata aos [[Independent Spirit Award]] como mellor actriz secundaria polo seu traballo como unha muller estéril en ''[[The Baby Dance]]'' (1998). Ademais, no teatro, trabalou no [[Lincoln Center]] na obra de [[Tom Stoppard]] ''[[Hapgood]]'' (1995) e na adaptación de 1997 da obra de [[Lillian Hellman]] ''[[The Little Foxes]]''. Durante este período, puxo a voz á personaxe de [[Barbara Gordon]] na serie ''[[Batman Beyond]]'', e apareceu nun episodio da serie ''[[King of the Hill]]''.
 
En 1999, Stockard Channing aceptou o papel da [[Primera dama dos Estados Unidos de América|primeira dama]] [[Abbey Bartlet]] na serie da [[National Broadcasting Company|NBC]] ''[[The West Wing]]''. Comezou como estrela convidadeconvidada nas dúas primeiras temporadas, mais converteuse en habitualregular en 2001.<ref name=tcm/> Na sétima e última temporada (2005-2006), apareceu só en seis episodio porque xa estaba a coprotagonizar a sitcom da [[CBS]] ''[[Out of Practice]]'', xunto a [[Henry Winkler]].
 
Channing recibiu diferentes premios en 2002. Entre eles o [[premios Emmy|Emmy]] como actriz secundaria por ''The West Wing''.<ref name=emmy>[http://www.emmys.com/award_history_search?person=%22Stockard+Channing%22&program=&start_year=1949&end_year=2011&network=All&web_category=All&winner=All "Emmy Award, Stockard Channing"] emmys.com, consultado o 28 de abril de 2012</ref> Ese mesmo ano, gañou outro Emmy e o [[Premios do Sindicato de Actores|Premio do Sindicato de Actores]] pola súa interpretación de Judy Sheppard en ''[[The Matthew Shepard Story]]'', un [[docudrama]] sobre a mortevida e o asasinato de [[Matthew Shepard]].<ref name=emmy/> Finalmente, en 2002 recibiu o [[London Film Critics Circle]] Award polo seu traballo en ''[[The Business of Strangers]]''.
 
== Filmografía ==