Asasinato de Samuel Luiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 7:
 
== Antecedentes ==
Samuel Luiz, coñecido como "Samu", naceu no [[Brasil]], fillo de Maxsoud Luiz, e chegou a España cos pais cando contaba un ano de idade.<ref name=":11">{{Cita web|url=https://oglobo.globo.com/mundo/assassinato-de-jovem-de-origem-brasileira-gera-protestos-contra-homofobia-na-espanha-1-25092724|título=Assassinato de jovem de origem brasileira gera protestos contra a homofobia na Espanha|data=2021-07-05|data-acceso=2021-07-06|lingua=pt-BR}}</ref><ref name=":14">{{Cita web|url=https://g1.globo.com/mundo/noticia/2021/07/05/assassinato-de-jovem-de-origem-brasileira-causa-comocao-na-espanha.ghtml|título=Assassinato de jovem de origem brasileira causa comoção na Espanha|data-acceso=2021-07-06|lingua=pt-br}}</ref> Polos 18 anos iniciou os estudos no CIFP Ánxel Casal da Coruña, onde se formou como auxiliar de enfermaría, comezando a traballar aos 20 anos na residencia de persoas maiores da [[Fundación Padre Rubinos]].<ref name=":0"/><ref name=":12">{{Cita web|url=https://pledgetimes.com/who-was-samuel-luiz-muniz-the-young-spaniard-beaten-to-death-for-his-sexual-orientation/|título=Who was Samuel Luiz Muñiz, the young Spaniard beaten to death for his sexual orientation - Pledge Times|data=2021-07-05|data-acceso=2021-07-06|lingua=en-US}}</ref> En 2021, moraba no barrio de [[Meicende, Pastoriza, Arteixo|Meicende]] ([[Arteixo]]), sendo coñecido polo seu temperamento calmo e personalidade pacífica.<ref name=":6">{{Cita web|apelidos=P.|nome=S. R.|url=https://elpais.com/sociedad/2021-07-04/la-policia-estrecha-el-cerco-a-los-presuntos-autores-de-la-paliza-mortal-a-un-joven-en-a-coruna.html|título=La policía estrecha el cerco a los responsables de la paliza mortal a un joven en A Coruña|data=2021-07-04|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref> Con 24 anos, estudaba para conseguir o grao de técnico de odontoloxía, dedicando moito do seu tempo á carreira universitario. Debido ao seu traballo na Fundación Padre Rubinos, Samuel foi un dos profesionais da saúde que enfrontara a [[Pandemia de COVID-19|pandemia de Covid-19]] na primeira liña, con impacto especial nas institucións de acollida e tratamento de anciáns. Segundo os compañeiros de traballo, era moi querido polos usuarios da institución. Cando Galicia reabriu os establecementos de lecer nocturno, o xoves, 1 de xullo de 2021, após un peche de 10 meses e medio por mor da pandemia, Samuel aproveitou a abertura para saí­r cun grupo de amigos no ''Andén'', un [[pub]] do [[Paseo marítimo da Coruña|paseo marítimo]] da [[praia de Riazor]], na [[A Coruña|Coruña]].<ref name=":0">{{Cita web|url=https://www.elmundo.es/espana/2021/07/05/60e2aae221efa03a2a8b45f6.html|título=Así fue la agresión a Samuel, el joven asesinado de una paliza en La Coruña: "Sólo escuchaba los golpes"|data=2021-07-05|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref>
 
Samuel volveu repetir o dí­a seguinte, noite de venres, 2 de xullo, con outro grupo de amigos: Lina, compañeira de estudos e de traballo, Diego e Andrea. Quedaron ás 22 horas na casa de Diego, para iren xuntos en coche até á praia de Riazor, e de aí ao ''Andén'', onde estiveron até preto das 3 da mañá, hora límite de abertura decretada polas autoridades nas medidas adoptadas contra a Covid-19.<ref name=":0"/><ref name=":6"/> Polas 2:50, Lina e Samuel saíron do pub para fumar e facer unha [[videochamada]] con Vanesa, compañeira de Lina, afastándose apenas uns metros, nas inmediacións da avenida de Bos Aires, deixando as outras dúas amigas no interior do establecemento.<ref name=":0"/><ref name=":3">{{Cita web|url=https://www.lavanguardia.com/sucesos/20210704/7577531/galicia-acoge-lunes-manifestaciones-condenar-muerte-joven-paliza-coruna.html|título=Protestas en Galicia tras la muerte del joven Samuel por una paliza en A Coruña|data=2021-07-04|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref>
Liña 17:
Samuel e Lina explicaron ao mozo que se trataba dun mal entendido, e que estaban soamente facendo unha videochamada, coa colaboración de Vanesa, que continuaba en liña. Sen atender as explicacións, o rapaz dirixiuse exclusivamente a Samuel, dicíndolle: "O paras de grabar o te mato, maricón". Segundo o relato de Vanesa, que coincide co de Lina, Samuel, que nunca escondera a súa [[orientación sexual]] [[LGTB]], só tivo tempo de responder "¿Maricón de qué?" levando inmediatamente un golpe moi forte do rapaz. Lina comezou a gritar. O vídeo da chamada bloqueouse, mais o son continuou a funcionar, permitindo que Vanesa escoitase os ruídos de golpes e agresións, e os gritos de Lina "¡déjalo, es mi amigo, por favor, déjalo!". Segundo Lina, a rapariga que acompañaba o rapaz tentou separalos nun primeiro momento, mais cando Lina interveu, mandouna afastarse, agresivamente. Nese momento, un mozo que se atopaba nas inmediacións da discoteca meteuse na liorta, conseguindo rescatar a Samuel do agresor, despois de que se afastase un primeiro momento.<ref name=":0"/>
 
Samuel, golpeado e con contusións visíbeis na cara, suplicou a Lina que tentase encontrar o móbil, que caera mentres era agredido. Tentando calmalo, Lina comezou a procurar o aparello, deixando a Samuel co rapaz que o axudara a se librar do agresor. Mentres procuraba o móbil, no espazo de cinco minutos, o agresor retornou, desta vez acompañado doutras doce persoas, que aproveitaron a ocasións para acurralalo e mallar nel até deixalo inconsciente. Cando Lina viu aquela cantidade de xente movéndose rapidamente na dirección de Samuel, con berros de "¡maricón de mierda!", correu para o local pedindo axuda gritando que o mataban.<ref name=":0"/> Segundo a investigación policial, após as agresións iniciais, un grupo de polo menos catro persoas continuou a golpear a Samuel no chan, até este deixar de se mover.<ref name=":1">{{Cita web|nome=Gonzalo|apelidos=Cortizo|url=https://www.eldiario.es/galicia/primeras-detenciones-relacion-crimen-joven-samuel-coruna_1_8103957.html|título=La policía toma declaración a más de una decena de personas por su relación con el crimen del joven Samuel en A Coruña|data=2021-07-04|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref> Outra versión refire que os agresores serían sete.<ref name=":6"/> Cando Lina logrou chegar xunto de Samuel, o mozo xacía no chan, do outro lado da rúa, para onde tentara fuxir, inconsciente, a cerca de 260 metros do local da primeira agresión, na berma da avenida de Buenos Aires.<ref name=":15">{{Cita web|nome=Óscar |apelidos=Lois|apelidos2=López-Fonseca, |nome2=Elisa|url=https://elpais.com/sociedad/2021-07-06/tres-detenidos-por-el-asesinato-a-golpes-de-un-joven-en-a-coruna-la-madrugada-del-sabado.html|título=Tres detenidos por el asesinato a golpes del joven Samuel Luiz en A Coruña la madrugada del sábado|data=2021-07-06|data-acceso=2021-07-07|lingua=es}}</ref> Vendo a vítima sen reacción, os agresores fuxiron correndo.
 
Samuel presentaba moitas contusións, sobre todo na cabeza e no tórax.<ref name=":6"/> Foi inicialmente socorrido no lugar, despois de que a patrulla da Polícia Local chamase a Polícia Nacional e unha ambulancia.<ref name=":0"/> Os [[paramédico]]s tentaron reanimar no lugar o mozo, que presentaba lesións graves, durante case dúas horas, sen éxito. Samuel foi entón trasladado en ambulancia ao [[Complexo Hospitalario Universitario A Coruña|Complexo Hospitalario Universitario da Coruña]] (CHUAC), falecendo durante o transporte, segundo algunhas fontes, ou ao chegar ao hospital, segundo outras.<ref name=":7">{{Cita web|url=https://www.publico.es/sociedad/matan-paliza-joven-24-anos.html|título=Matan de una paliza a un joven de 24 años en A Coruña|data-acceso=2021-07-05}}</ref><ref name=":8">{{Cita web|url=https://www.lavanguardia.com/local/galicia/20210704/7577618/policia-identifica-siete-implicados-paliza-mortal-coruna-samuel.html|título=La policía investiga a 13 personas por su implicación en la paliza mortal de A Coruña|data=2021-07-04|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref> A morte foi confirmada á chegada a aquela unidade hospitalar, na madrugada de 3 de xullo de 2021.
Liña 24:
Aínda que a investigación fose inmediatamente colocada polas autoridades baixo segredo, a 4 de xullo de 2021, fontes próximas á investigación informaron que algúns testemuños permitiran a identificación dos supostos autores das agresións. A Polícia Nacional analizou vídeos capturados por persoas que se encontraban no lugar, así como de cámaras urbanas de vixilância daquela céntrica zona da cidade.<ref name=":6"/> Para a identificación dos sospeitosos foron fundamentais as declaracións dunha testemuña, que minutos após a agresión fatal chamou o 092 e contou que vira un grupo de persoas escapar da escena do crime, deixando a Samuel moribundo no chan. O testemuño introduciu tamén as primeiras pistas sobre a identidade dos agresores, unha vez que o denunciante declarou á polícia que estes eran do barrio de [[Polígono de Elviña, A Coruña|Elviña]], na [[A Coruña|Coruña]], dando detalles particulares sobre un deles, incluído o apelido polo cal era coñecido nesa zona.<ref name=":1"/> Adicionalmente, unha das raparigas que acompañaba a vítima conseguiu identificar a persoa que iniciou a agresión, ao visualizar un dos vídeos.<ref name=":8"/> As medidas decretadas polo goberno galego para facilitar o rastrexo en caso de brocho da Covid-19, esixindo a identificación de todas as persoas que entren nun local de diversión, facilitaron a tarefa aos axentes, unha vez que tanto a vítima como os presuntos autores da súa morte estiveran na discoteca ''Andén'', deixando os seus datos.<ref name=":5">{{Cita web|url=https://www.lavanguardia.com/gente/20210705/7577921/criticas-alejandro-sanz-palabras-twitter-asesinato-samuel-coruna-mmn.html|título=Críticas a Alejandro Sanz por sus palabras tras el asesinato de Samuel en A Coruña|data=2021-07-05|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref>
 
O Xulgado de Instrución número 8 da Coruña conseguiu estreitar o cerco sobre o grupo de agresores, sendo tomadas pola polícia declaracións de quince persoas, sinaladas pola investigación como autores da malleira e abandono de Samuel que resultou na súa morte.<ref name=":6"/><ref name=":1/><ref name=":15"/> Algúns dos sospeitosos eran menores de idade, e varios deles foron voluntariamente, segundo declaracións da [[Delegación do Goberno en Galicia]].<ref>{{Cita web|nome=João Amaral|apelidos=Santos|url=https://visao.sapo.pt/atualidade/sociedade/2021-07-05-a-homofobia-mata-o-espanhol-samuel-muniz-e-a-sua-mais-recente-vitima/|título=Visão {{!}} A homofobia mata. O espanhol Samuel Muñiz é a sua mais recente vítima|data=2021-07-05|data-acceso=2021-07-05|lingua=pt-PT}}</ref>
 
A 6 de xullo, a polícia confirmou a detención de tres presuntos autores do crime.<ref name=":17">{{Cita web|nome=Patrícia|apelidos=Martins|url=https://www.jn.pt/mundo/o-homicidio-de-samuel-luiz-muniz-choca-espanha-13912858.html|título=Samuel foi morto pelo ódio à diferença. O caso está a chocar Espanha|data=2021-07-07|data-acceso=2021-07-07|lingua=pt}}</ref> Os detidos eran dous homes e unha muller, con idades entre os 20 e os 25 anos, todos moradores na Coruña.<ref name=":15"/><ref>{{Cita web|nomeautor=Rádio e Televisão de Portugal|url=https://www.rtp.pt/noticias/mundo/foram-detidas-tres-pessoas-suspeitas-do-homicidio-de-samuel-luiz-em-espanha_v1333682|título=Foram detidas três pessoas suspeitas do homicídio de Samuel Luiz em Espanha|data-acceso=2021-07-07|lingua=pt}}</ref>
 
== Reaccións ==
[[Ficheiro:HomenagemConcentración aen repulsa polo asasinato de Samuel Luiz,(A CorunhaCoruña).001 - Praza Pública.jpg|miniatura|303x303px|HomenaxesManifestación aen Samuelrepulsa Luizpolo noasasinato lugarde ondeSamuel foi asasinadoLuiz]]
O pai de Samuel, Maxsoud Luiz, deixou no lugar onde o fillo foi asasinado unha longa carta, na cal agradeceu o esforzo feito polos servizos de saúde na tentativa de salvar o fillo, expresando a súa dor e de toda a familia coas palabras “levaron embora a única luz que iluminou a nosa vida. Sabemos que aínnda teremos un longo camiño que percorrer; seremos apoiados pola nosa familia, amigos e compañeiros que nos axudarán a saír deste camiño tenebroso”.<ref name=":11"/><ref name=":12"/>
 
Na residencia en que Samuel traballaba, a consternación foi xeral. Segundo Eduardo Aceña, presidente da institución, os residentes que coidaba queríano tanto, que os traballadores preferiron agochar a verdade sobre a súa fin a algúns deles, debido ao seu feble estado de saúde.<ref name=":12"/>
 
A pesar de que a versión oficial inicialmente descartase o carácter [[Homofobia|homofóbico]] das agresións, o testemuño dunha das amigas de Samuel, dando conta do carácter homofóbico do crime, patente no uso repetido da expresión "maricón" incendiou as [[Rede social|redes sociais]], sendo inmediatamente moi difundida.<ref name=":1"/><ref name=":15"/> Após a difusión destes testemuños, a representación do goberno galego abriu a posibilidade de se tratar dun crime homófobo.<ref name=":2">{{Cita web|nome=Gonzalo|apelidos=Cortizo|url=https://www.eldiario.es/galicia/delegado-gobierno-galicia-pide-tiempo-aclarar-crimen-samuel-no-descarta-ahora-motivacion-homofoba_1_8104562.html|título=El delegado del Gobierno en Galicia pide "tiempo" para aclarar el crimen de Samuel y no descarta ahora la motivación homófoba|data=2021-07-05|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref>
 
O presidente do goberno [[Pedro Sánchez]] declarou esperar que a investigación da policía atopase en breve os autores do asasinato de Samuel e esclareza os feitos, afirmando que "Foi un acto salvaxe e cruel. Non imos dar un paso atrás en dereitos e liberdades. España non vai tolerar iso".<ref name=":14"/>
 
O [[Bloque Nacionalista Galego]] esixiu que se investigase se o crime foi un delito de odio por homofobia. Os dous outros integrantes do parlamento galego, o [[Partido dos Socialistas de Galicia|Partido Socialista]] e o [[Partido Popular de Galicia|PP]], condenaron tamén a violencia contra Samuel.<ref name=":10">{{Cita web|nome=elDiario es|url=https://www.eldiario.es/galicia/bng-exige-investigue-si-crimen-samuel-ademas-delito-odio-homofobia_1_8105551.html|título=El BNG exige que se investigue si el crimen de Samuel es además un delito de odio por homofobia|data=2021-07-05|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref>
 
=== Manifestacións de protesta ===
Liña 46:
Na [[A Coruña|Coruña]], onde poucos días antes unha parella LGBT fora agredida, a pesar da copiosa choiva, a manifestación encheu a [[praza de María Pita]], destacando os carteis das amigas de Samuel Luiz, presentes na manifestacións, e dos seus amigos máis achegados, levando camisetas coa cara do mozo asasinado.<ref name=":15"/> O colectivo Adiante LGTB+, organizador da concentración, afirmou, nun breve discurso, estar seguro do carácter homófobo do asasinato. O pai de Samuel, a través da voceira do mesmo colectivo, pediu que fose esta a última morte violenta por este motivo, desafiando os agresores a dar a cara. Unha amiga de Samuel pediu aos medios de comunicación social que tivesen respecto cos pais de Samuel, duramente acosados durante todo ese día.<ref name=":9"/><ref>{{Cita web|nome=Paola|apelidos=Obelleiro|url=https://www.eldiario.es/galicia/coruna-echa-calle-pedir-justicia-samuel_1_8106979.html|título=A Coruña se echa a la calle al grito de "justicia para Samuel"|data=2021-07-05|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref>
 
En [[Madrid]], a manifestación organizada polo Movimiento Marikas de Madrid, na [[Porta do Sol (Madrid)|Porta del Sol]], reuniu preto de tres mil manifestantes.<ref name=":9"/><ref name=":13">{{Cita web|url=https://24.sapo.pt/atualidade/artigos/milhares-manifestam-se-em-espanha-para-exigir-justica-no-homicidio-de-samuel-luiz|título=Milhares manifestam-se em Espanha para exigir justiça no homicídio de Samuel Luiz|data-acceso=2021-07-06|lingua=pt}}</ref> Na manifestación participaron un dos cofundadores do Podemos, [[Juan Carlos Monedero]], e a secretaria de organización do partido, [[Lilith Verstrynge]], a voceira do grupo parlamentario madrileño [[Más Madrid]], [[Rita Maestre]], a voceira de [[Unidas Podemos]] no concello, [[Carolina Alonso]], e o deputado socialista no parlamento rexional, [[Santiago Rivero]]. Os manifestantes exhibiron carteis con lemas contra a homofobia, como “homofobia e fascismo son o mesmo”. Algúns dos carteis mostraban a foto de Samuel sobre o texto “Descansa en paz”, entre numerosas [[Bandeira LGTB|bandeiras LGBTI]]. Após os discursos e gritos de orde, parte dos manifestantes abandonou a praza de forma espontánea, co obxectivo de dirixirse ao [[Ministerio de Xustiza de España|Ministerio de]] [[Ministerio de Xustiza de España|Xustiza]]. Ao pasaren pola [[Gran Vía de Madrid|Gran Vía]], sentaron no chan, cortando o tráfico, facendo o mesmo na rúa de San Bernardo, onde se encontra a sede do ministerio, continuando a berrar "A Samuel lo mataron por ser maricón", "La lucha está en la calle y no en el parlamento" e facendo críticas ao goberno español. Ás 22 horas a manifestación continuaba co corte das vías principais da cidade até á rúa da Princesa, onde ocorreron enfrontamentos entre a polícia e os manifestantes.
 
En [[Estrasburgo]], unha trintena de eurodeputados, na súa maiorí­a españois, concentráronse no patio da sede do [[Parlamento Europeo]].<ref>{{Cita web|url=https://www.eldiario.es/internacional/eurodiputados-concentran-repulsa-crimen-samuel-coruna_1_8107056.html|título=Eurodiputados se concentran en repulsa por crimen contra Samuel en A Coruña|data=2021-07-05|data-acceso=2021-07-05|lingua=es}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Demonstrations Justicia para Samuel Luiz in Spain in 2021}}
=== Ligazóns externas ===
* {{YouTube|title=#JUSTICIAPARASAMUEL: movilizaciones por el ASESINATO EN A CORUÑA {{!}} RTVE|id=6jwt2lsYuKg}}
 
{{Control de autoridades}}