José Lázaro Galdiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «en Arxentina»
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Formación: arranxos
Liña 4:
Naceu en Beire, localidade navarra próxima a [[Tafalla]] na madrugada do 30 de xaneiro de 1862 e foi bautizado ao día seguinte na parroquia de San Millán. No bautizo, o seu padriño foi o vigairo da parroquia de San Pedro de [[Olite]], Pedro Suescun, en nome e comisión do doutor Cecilio Lázaro, maestrescuela da [[catedral de Lleida]].
 
O seu pai foi Leoncio de Lázaro Garro e a súa nai, Manuela Gregoria de Galdiano Garcés dosde los Fayos. Leoncio e Manuela eran modestos terratenentes, aínda que fidalgos sen o menor renunciamiento á súa prosapia persoal e histórica. Leoncio Lázaro Garro levou a ostentación da súa fe católica até o extremo de ter sempre (e dende os sesenta anos na súa propia alcoba) o cadaleito en que había ser enterrado. Tódolos anos, en determinada época, tomaba sobre os seus ombreiros unha pesada cruz, e levábaa, en sucesivas xornadas, aos ombreiros e descalzo, até o afastado santuario da Virxe de [[Ujué]]. A súa esposa, moi bela e de costumes refinados, faleceu cando aínda era neno José Cecilio, e foi substituída na crianza por Sotera Echarri, a súa ama de chaves até entón. José Cecilio foi o maior de sete irmáns, seguírono Josefa Apolonia, Rogelio María José Miguel, Jesús Mª Bernardo, Carmen Polonia, AnxoÁngel Remigio e Asunción Josefa. Tralo seu paso pola escola rural onde aprendería as primeiras letras, o seu pai dispuxo que estudase o [[bacharelato]] nos Escolapios de [[Sos del Rey Católico]] obtendo o grao de Bacharel no Instituto de Zaragoza. Non destacou especialmente polo seu rendemento escolar. Un irmán da súa nai, Esteban Galdiano Garcés de los Fayos, un rico financeiro de [[Olite]], alcalde de [[Pamplona]] e director da sucursal do [[Banco de España]] en Navarra, foi quen de orientar ao seu sobriño.
 
== Mocidade ==