Henrique, duque de Viseu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «bibliografia»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «gran importancia»
Liña 15:
En [[1418]], volveu a Ceuta na compañía de [[Xoán, Infante de Portugal]], o seu irmán máis novo. Os Infantes dirixían unha expedición de socorro á cidade, que sufriu nese ano o primeiro longo asedio, imposto conxuntamente polas forzas dos reis de [[Fez]] e de [[Reino de Granada|Granada]]. O cerco malogrouse e Henrique tentou de inmediato atacar Xibraltar, pero o mal tempo impediulle desembarcar: manifestaba así unha vez máis a temeridade e fervor antimusulmano do Infante. Ao regresar a Ceuta recibiu ordes de Xoán I, para non continuar tal proxecto, polo que volveu para o reino nos primeiros meses de [[1419]]. Montou por esta época unha armada de corso, que actúa na zona do estreito de Xibraltar a partir de Ceuta. Así dispuña dunha fonte de ingresos e moitos dos seus homes habituábanse ao mar. Algúns deles serían desviados, máis tarde, para outras viaxes cara a novos destinos.
 
En [[1419]]-[[1420]] algúns dos seus escudeiros, João Gonçalves Zarco e Tristão Vaz Teixeira, desembarcaron entón nas [[Arquipélago de Madeira|illas Madeirenses]], que xa eran visitadas por navegadores portugueses desde o século anterior. As illas resultaron de grangrande importancia producindo grandes cantidades de [[cereal|cereais]], minimizando a escaseza que aflixía a Portugal. O arquipélago foi doado a Henrique polo seu irmán o rei [[Duarte de Portugal]], sucesor de Xoán I, en [[1433]].
[[Ficheiro:OrderOfCristCross.svg|miniatura|esquerda|200px|A Cruz da [[Orde de Cristo]], símbolo que adornou, entre outros, as naus [[Portugal|portuguesas]] durante os [[Descubrimentos portugueses|descubrimentos]].]]
O [[25 de maio]] de [[1420]], Henrique foi nomeado dirixente da [[Orde de Cristo]], que sucedeu á [[Orde dos Templarios]], cargo que mantería ata a fin da vida. No que concirne ao seu interese na explotación do Océano Atlántico, o seu cargo na Orde foi tamén importante ao longo da década de [[1440]].