Rede privada virtual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m Reemplazos con Replacer: «na Internet»
Liña 14:
 
== Seguranza ==
De seren adecuadamente aplicados, estes protocolos poden asegurar comunicacións seguras a través de redes inseguras. As VPN son usadas para conectar de forma segura filiais dunha organización separadas xeograficamente, creando unha rede cohesiva. Diversas empresas interligan as súas bases operacionais a través dun VPN naen internetInternet. Usuarios individuais de Internet tamén se benefician da VPN para prover seguranza en [[Sen fíos|conexións sen fío]], para contornar xeorrestricións e censura, ou para se conectar a servidores [[proxy]] coa finalidade de protexer a identidade e localización persoal. No entanto, algúns sitios web da Internet bloquean o acceso a coñecidas tecnoloxías VPN para evitar a evasión de súas xeorrestricións.
 
Un sistema de comunicación por VPN ten un custo de posta en funcionamento e mantemento insignificantes, de se comparar aos antigos sistemas de comunicación física, como o frame relay, por exemplo - que ten un custo exorbitante e seguranza moi dubidosa. Por este motivo, moitos sistemas de comunicación están sendo substituídos por unha VPN que, alén do baixo custo, ofrece tamén unha alta confiabilidade, integridade e dispoñibilidade dos datos trasfegados.