Río Paraná: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Reemplazos con Replacer: «subíu»
Liña 21:
Nos seguintes 190 km o Paraná baixa en dirección sur formando fronteira natural entre o [[Paraguai]] e máis o [[Brasil]], até xusto a confluencia con o [[río Iguazú]]. Algo antes desta xunta dos ríos, érguese a mole da presa de [[Itaipú]], qu conforma a estación hidroeléctrica maior do mundo, e orixinando unha estensa área de [[pantano]]s.
 
Pouco despois do Iguazú, o río Paraná tórnase fronteira, mais esta vez entre o [[Paraguai]] e a [[Arxentina]], para continuar a súa viaxe para o sur ao longo de 468 km adicionais, antes de facer unha grande virada para o oeste duns 820 km de percurso e encontrarse con o [[Río Paraguai]], o maior afluente de toda a súa conca. Máis antes desta confluencia o río pasa por outro grande encoro hidroeléctrico: [[Yaciretà]], un proxecto común entre Paraguai e Arxentina. O nivel do río subíusubiu tanto a causa desta presa, que segundo sexan as choivas asulaga as partes máis baixas das poboacións do sector.
 
Desde a confluencia con o [[río Paraguai]], o Paraná volta a virar cara o sur por outros 820 km en dirección á Arxentina, efectuando un pequeno xiro ao leste preto da cidade de [[Rosario, Santa Fe|Rosario]]. No derradeiro tramo percorre case 500 km antes de unírselle o [[río Uruguai]], formando deseguido o [[río de la Plata]] e desembocar no [[océano Atlántico]]. Antes disto, e xusto augas abaixo da cidade de [[Diamante, Entre Ríos|Diamante]], o curso desdóbrase en diferentes brazos formando o '''[[delta do Paraná]]''', unha estensa chaira fluvial duns 60 km de anchura.