Lola Herrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Poño modelo Biografía
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «hector»
Liña 6:
Os seus inicios son musicais pero a mediados dos cincuenta viaxa a [[Madrid]] e comeza a súa andaina como actriz. Participa en ''El pórtico de la gloria'' a súa primeira película no ano 1953. Intervén en multitude de obras de teatro filmadas para RTVE durante toda a súa carreira. En 1978 realiza ''Arriba Azaña'', onde comparte protagonismo con [[Fernando Fernán Gómez]] e [[Héctor Alterio]] entre outros. En 1981 protagoniza ''[[Función de noche]]'' unha innovadora proposta da directora [[Josefina Molina]] e que narra as desventuras dun matrimonio de actores na vida real, Herrera e Daniel Dicenta, e as relacións cos seus fillos. Lola Herrera sempre se sentiu orgullosa deste papel e denomina o filme como "unha terapia". En 1982 coprotagoniza xunto a [[Alfredo Landa]] ''La próxima estación'' de [[Antonio Mercero]] e que narra a problemática xuvenil.
 
En 1996 participa en ''El amor perjudica seriamente la salud'' onde dá vida á suegra de Juanjo Puigcorbé. Nestes últimos anos participou en numerosas series de televisión, entre as que destacan ''La casa de los líos'' xunto a [[Arturo Fernández]], ''El grupo'' na cal interpretaba á nai dunha das pacientes do grupo levado polo psicólogo HectorHéctor Alterio e ''[[Un paso adelante]]'' onde daba vida á directora da academia de baile e interpretación onde transcorría a acción.
 
Moito máis vencellada ó teatro que ó cine ou á televisión, está considerada unha das grandes damas da escena española por crítica e público. Entre as súas interpretacións teatrais máis lembradas cómpre salientar as de ''Las amarga lágrimas de Petra von Kant'' ou ''Cinco horas con Mario'', monólogo desenvolvido a partir da obra de [[Miguel Delibes]] e que leva representando máis de 25 anos. Entre os seus últimos éxitos esta ''Solas'' adaptación teatral da película do mesmo nome.