Diferenzas entre revisións de «Gilbert N. Lewis»

(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
(→‎Actividade profesional: cita e ligazóns)
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Lewis foi educado no fogar ata os dez anos de idade e asistiu á escola pública ata que cumpriu catorce anos, momento en que ingresou na [[Universidade de Nebraska]] para, tres anos máis tarde, comezar a estudar na [[Universidade Harvard]] onde mostrou interese pola [[economía]], aínda que finalmente se concentrou na [[química]]. Obtivo a súa licenciatura en [[1896]] e o seu [[doutoramento]] en 1898. Desenvolveu un intenso traballo en cuestións relativas principalmente á química, publicando numerosos artigos cos resultados das súas investigacións.
 
=== Actividade profesional ===
Tras de obter o seu doutoramento (Ph.D.) permaneceu como profesor durante un ano antes de viaxar cunha [[Bolsa de estudos|bolsa]], coa que puido estudar co fisicoquímico [[Wilhelm Ostwald]] en [[Leipzig]] e con [[Walter Nernst]] en [[Universidade de Gotinga|Gotinga]]. Volveu a Harvard onde permaneceu tres anos máis, e en [[1904]] abandonou a universidade para ocupar o cargo de superintendente de pesos e medidas na Oficina de Ciencia das [[Filipinas|Illas Filipinas]], en [[Manila]].
 
Ao ano seguinte marchou a [[Cambridge, Massachusetts|Cambridge]], cando o [[Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts]] (MIT) lle propuxo unirse a un grupo dedicado á [[fisicoquímica]] dirixido por [[Arthur Amos Noyes]]. En [[1907]] pasou a desempeñar o cargo de profesor axudante, en [[1908]] como profesor adxunto e en [[1911]] como profesor titular. En [[1912]] deixou o MIT para traballar como profesor de fisicoquímica e Decano do Colexio de Química na [[Universidade de California]].
 
En 1908 publicou o primeiro de varios artigos sobre a [[Relatividade especial|teoría da relatividade]], en que deduciu a [[Equivalencia masa-enerxía|relación masa-enerxía]] por un camiño distinto do que fixo [[Albert Einstein]].
 
En [[1916]] formulou o [[modelo do átomo cúbico]], e a idea de que un [[enlace covalente]] consiste nun par de electróns compartidos; así mesmo creou a expresión molécula impar cando un electrón non é compartido. As súas ideas foron desenvolvidas por [[Irving Langmuir]] e serviron de inspiración para os estudos de [[Linus Pauling]].
 
Ese mesmo ano desenvolveu, xunto con [[Max Trautz]], a [[teoría das colisións]], coa que dan explicación á enerxía que se require para que teña lugar unha [[reacción química]].
Ademais, nese ano enunciou a [[regra do octeto]].
 
En [[1919]], estudando as propiedades [[Magnetismo|magnéticas]] de solucións de [[osíxeno]] en [[nitróxeno]] líquido, atopou que se formara unha molécula de O4. Esta foi a primeira evidencia do osíxeno tetraatómico.
 
En [[1923]], formulou a teoría do par electrónico para as reaccións [[ácido]]-[[Base (química)|base]], que permitiu distinguir os [[ácidos e bases de Lewis]].
 
Grazas ao traballo de [[Josiah Willard Gibbs]] sabíase que as reaccións químicas tenden a un equilibrio determinado pola [[Enerxía libre de Gibbs|enerxía libre]] das substancias que interveñen. Lewis dedicou vinte e cinco anos a determinar a enerxía libre de varias substancias e en 1923 publicou con [[Merle Randall]] os resultados do estudo, formalizando a química [[termodinámica]].
 
En [[1926]] cuñou o termo [[fotón]] para a menor unidade de enerxía radiante.<ref>{{Cita web|título=December 18, 1926: Gilbert Lewis coins “photon” in letter to Nature|url=http://www.aps.org/publications/apsnews/201212/physicshistory.cfm|páxina-web=www.aps.org|data-acceso=2021-07-02|lingua=en}}</ref>
 
Lewis foi o primeiro, en [[1933]], que produciu unha mostra pura de óxido de [[deuterio]] ([[auga pesada]]). Acelerando deuteróns no [[ciclotrón]] de [[Ernest Lawrence]] logrou estudar moitas das propiedades dos [[nucleón]]s.
 
Nos últimos anos da súa vida probou que a [[fosforescencia]] das moléculas orgánicas obedece ao estado dun [[Triplete (química)|triplete]] excitado e mediu as súas propiedades [[Magnetismo|magnéticas]].
Publicou numerosos artigos sobre temas moi variados, dende os [[quanto]]s de luz ata a [[economía]] da estabilización de prezos.
 
Aínda que foi candidato en 42 ocasións, Lewis nunca gañou o [[premio Nobel de Química]].<ref name="NobelPrize">{{Cita web|título=Nomination Database Gilbert N. Lewis|url=https://www.nobelprize.org/nomination/archive/show_people.php?id=5441|data-acceso=10 de maio de 2016}}</ref> O 23 de marzo de [[1946]], foi atopado morto no seu laboratorio de Berkeley onde estivera traballando con [[Cianuro de hidróxeno|ácido cianhídrico]], estendéndose o rumor de que a causa da súa morte puidera ser un suicidio.<ref name=":5">{{Cita web|url=https://www.sfgate.com/bayarea/article/WHAT-KILLED-FAMED-CAL-CHEMIST-20th-century-2491757.php|title=WHAT KILLED FAMED CAL CHEMIST? / 20th century pioneer who failed to win a Nobel Prize may have succumbed to a broken heart, one admirer theorizes|last=DelVecchio|first=Rick|last2=Writer|first2=Chronicle Staff|date=5 de agosto de 2006|website=SFGate|access-date=9 de marzo de 2019}}</ref> Logo da morte de Lewis, os seus fillos seguiron a carreira do seu pai na química.<ref name=":4">{{Cita web|url=https://access.berkeley.edu/lewis-hall|title=Lewis Hall {{!}} Campus Access Services|website=access.berkeley.edu|access-date=9 de marzo de 2019}}</ref>
 
== Eponimia ==
* O [[Lewis (cráter)|cráter lunar Lewis]] leva este nome na súa memoria.<ref>[https://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3369 «Lewis»]. Gazetteer of Planetary Nomenclature {{en}}. Flagstaff: USGS Astrogeology Research Program. OCLC 44396779.</ref>
* O Lewis Hall de Berkeley, construído en [[1948]], foi nomeado na súa honra.<ref name=":4"/>
 
== Notas ==
15.300

edicións