Ángel Botello Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
m Reemplazos con Replacer: «estudios»
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo dun conserveiro andaluz instalado en [[Cangas]], que en [[1918]] trasladou a súa industria a [[Vigo]], onde pasou a vivir a familia. O seu pai morreu ese ano pola [[gripe]]. A nai, Bonifacia Barros, filla de [[Serafín Barros]], fíxose cargo da industria pero en 1926 a familia tivo que emigrar a [[Bordeos]]. Alí comezou en 1930 os estudiosestudos de pintura, modelaxe e debuxo na Escola de Belas Artes e participou nalgunhas exposicións colectivas. En [[1935]] ingresou na [[Real Academia de Bellas Artes de San Fernando]] grazas a unha bolsa de estudos concedida polo conde de Cartagena. Pasou breves períodos en Cangas e Vigo.
 
Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] a súa competencia como debuxante fixo que se integrase na Unidade de Cartografía do Exército da República, que dependía do xeneral [[Enrique Líster]]. Cando rematou a guerra exiliouse en [[Francia]] coa súa nai e dúas irmás, e en 1940 conseguiu chegar á [[República Dominicana]]. Pasou despois a [[Cuba]], [[Haití]] e [[Estados Unidos]] ata a súa definitiva radicación en [[Porto Rico]]. En Haití viviu entre 1944 e 1953, alternando estancias ocasionais en Porto Rico como profesor de debuxo na escola de Edna Coll e New York. A súa vida alí resultou decisiva, pois coñeceu á súa muller Christiane Auguste, coa que casou en 1945. En [[1953]] marchou a [[San Juan de Puerto Rico]], onde abriu unha galería no hotel Caribe Hilton. Nove anos despois abriu unha segunda galería na parte vella de San Juan. En Porto Rico coincidiu con [[Eugenio Fernández Granell]] e [[Francisco Vázquez Díaz]], "Compostela". Afectado por un [[cancro de pulmón]], no seu último ano de vida desenvolveu unha frenética actividade para deixarlle á súa familia o maior legado artístico.