XCP: Diferenzas entre revisións

páxina de homónimos
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''XCP''', ou na súa identificación en inglés '''Universal Measurement and Calibration Protocol''' é unha interface de lectura e escritura nos accesos dunha ECU, enfocado..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de xuño de 2021 ás 17:32

XCP, ou na súa identificación en inglés Universal Measurement and Calibration Protocol é unha interface de lectura e escritura nos accesos dunha ECU, enfocado á recollida de medidas de calibración de sensores ou outros instrumentos que precisen ser calibrados. O x en XCP referencia á gran variedade de protocolos de calibración que pode interpretar (CAN, CAN FD, Ethernet,Flexray ...) . O acceso a parámetros e variábeis de medida faise baixo un principio de tábora de direccións. As propiedades dos valores e a súa dirección de memoria veñen descritas nun ficheiro de formato A2L. O A2L contén toda a información requerida para habilitar o acceso a esa dirección de memoria e interpretar a información recollida. XCP está deseñado como unha solución master-slave. Un controlador contén un driver de protocolo que responde a peticións de acceso por parte do master. O método funciona de xeito universal, aínda que é principalmente empregado para calibrar sensores dun vehículo, non está limitado a sistemas embebidos ou ECUs. XCP pode empregrarse para adquirir medidas de axuste de parámetros de calqueira aplicación de software, incluso dunha simulación de PC.[1]

Vantaxes

  • Protocolo estandarizado pola asociación internacional ASAM.
  • Optimizado para un uso minimo de recursos (rutinas, cargas do bus)
  • Medidas sincronizadas cos eventos que recollen. Engádense marcas temporais durante a recollida de datos.
  • Comunicacións de Plug-and-play entre o master e o escravo ordeando as funcións dispoñíbeis no lado do escravo.
  • XCP é capaz de pontear (Bypassing)
  • XCP mide o espertar do equipo electrónico, no acendido.
  • Como un protocolo de dúas capas, XCP separa protocolo e transporte e usa unha relación de un só master e múltiples escravos, master/multi-slave.


Notas