Diferenzas entre revisións de «Antón Alonso Ríos»

 
Coa proclamación da [[Segunda República española|II República]] en [[1931]], a Federación enviou a Suárez Picallo, [[Pedro Campos Couceiro]] e Alonso Ríos para que os representase en [[Galiza]].
 
En maio de 1931 foi elixido unanimemente presidente da ''Asemblea Republicana da Coruña'' para o estudo do ''Anteproyeito de Estatuto da Galiza''. Alonso Ríos tamén aproveitou a escala en [[Barcelona]] para se entrevistar con [[Francesc Macià i Llussà]], e de volta a Galiza, fixo escala en [[Madrid]], onde tivo un forte encontro con [[Santiago Casares Quiroga]], a quen lle fixo chegar as opinións da emigración, facendo fincapé nos dereitos nacionais de Galiza, chegando a proclamar en [[Santiago de Compostela|Compostela]] a [[I República Galega]] o [[27 de xuño]] de 1931,<ref>{{Cita novas|data=28(?)/06/1931|título=Alonso Ríos es nombrado Presidente de la Junta Revolucionaria de la República Gallega|data-acceso=27/6/2021|xornal=El Pueblo gallego}}</ref> a cal durou unhas horas. Ao non saír elixido deputado en 1931 (posiblemente a causa dese mal encontro con Casares Quiroga) traballou como director da escola fundada polos emigrantes de [[Tomiño]] "Aurora del Porvenir".
 
Foi membro do ''Consello Directivo Provisional'' da [[Federación Provincial Agraria de Pontevedra]], pola que se presentou candidato nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións de febreiro de 1936]], integrado na candidatura da [[fronte Popular (España)|Fronte Popular]]. Saíu elixido deputado e xuntouse ao grupo de deputados galeguistas, someténdose á disciplina do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Fixo un labor intenso a prol do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Galicia]].
15.300

edicións