Pterelao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
feito!
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
 
Liña 5:
{{cita|"''Cando Electrión reinaba sobre Micenas, presentáronse en compañía dalgúns tafios os fillos de Pterelao e reclamaron o reino de Méstor, o seu avó materno, e ó non facerlles caso Electrión, quitáronlle as súas vacas, e cando os fillos de Electrión acudiron no seu auxilio, déronse morte uns ós outros tras desafiarse''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 4, 6)}}
 
Electrión ordenou vingar a morte dos seus fillos e foi [[Anfitrión]], sobriño e xenro seu, quequen organizou a expedición contra [[Tafos]], a patria de Pterelao <ref>A lenda conta que Alcmena fixera a promesa de casar acon quen vingase a morte dos seus irmáns, ou ben que, aínda que xa fora entregada a Anfitrión, xurara non xacer con el ata que os seus irmáns fosen vingados.</ref>.
 
Pero o oráculo augurara que Tafos nunca sería conquistada mentres vivise Pterelao. O problema foi que a filla deste, [[Cometo]], namorouse de Anfitrión e, para demostrarlle o seu amor, cortoulle a guedella de ouro ó pai, provocando así a súa morte, a caída da cidade e a súa propia ruína, pois Anfitrion matouna por parricida <ref>O mito lembra o de [[Niso (fillo de Pandión II)|Niso]], rei de Mégara, a quen a súa filla [[Escila (filla de Niso)|Escila]] cortoulle o guecho de pelo vermello que o facía invencible, por amor a [[Minos]], rei de Creta.</ref>.
 
{{cita|"''Mentres viviu Pterelao'', [Anfitrión] ''non puido tomar Tafos, pero cando a filla de Pterelao, Cometo, namorada de Anfitrión, arrincou da cabeza do pai a cabeleira dourada, Pterelao morreu e Anfitrión logrou someter todas as illas; logo Anfitrión matou a Cometo e navegou rumbo a Atenas co botín''".|(Pseudo-Apolodoro II, 4, 7)}}
 
Parte do botín capturado por Anfitrión a Pterelao foi un amplo escudo de bronce, sobre o que dormían [[Heracles]] e o seu irmán [[Ificles]], aínda meniños, no episodio no que o primeiro mata sen maior esforzo ás dúas serpes que [[Hera]] enviou para acabar con el <ref>Graves, px. 493. Nesta ocasión, Hera actuaba movida polos celos contra Heracles, como fillo bastardo de Zeus.</ref>.