Jules Mazarin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
 
=== Militar ===
Adxudicada a administración militar da [[Valtelina]] ao papa, este recrutou un exército para ocupar a rexión e Mazarin foi nomeado capitán das novas tropas, pasando polas gornicións de [[Loreto, Ancona|Loreto]] e [[Ancona]].<ref name="bailly16">Bailly (1969), páx. 16</ref> Logrando facerse nomear para un posto de axudante do xeneral do exército pontificio, axiña se fixo imprescindible nos tratos con franceses e españois, percorrendo todo po norte de Italia en misións de enlace e como negociador entre as partes interesadas no control da rexión.<ref name="bailly17">Bailly (1969), páx. 17</ref>
 
Retiradas as tropas pontificias tralo [[Tratado de Monzón]] en 1626, Mazarin pasou a [[Ferrara]], dende onde viaxou a miúdo a Roma como enviado do seu superior para informar a corte e onde entrou en contacto co cardeal Bentivoglio, representante dos intereses de Francia na cidade.<ref name="bailly17"/> Gañado o favor deste, Bentivoglio recomendouno ao cardeal ministro, Francisco Barberini, que o enviou como secretario da legación pontificia en Lombardía.<ref name="bailly17"/>