Contido eliminado Contido engadido
→‎Techné: Resposta
Nova sección: →‎Autoría
Liña 210:
:Graciñas @[[Usuario:MAGHOI|MAGHOI]]! Ben movido está. Pensara tamén en facer eu algo así cos outros termos (con e sen acentos gráficos), pero non sei ben a maneira, salvo crear unha web nova e pór un vínculo no texto (é o que fixen algunha outra vez). Saúdos. --[[Usuario:Gasparoff|Gasparoff]] ([[Conversa usuario:Gasparoff|conversa]]) 11 de xuño de 2021 ás 11:06 (UTC)
::Ola. Para mover unha páxina, hai que ir á parte superior do artigo onde aparece Ler|Editar a fonte... e ao despregar a pestana Máis, aparece Mover. Unha vez alí, aparece outra estrutura onde o básico é indicar a onde se quere mover ese artigo. No despregrable "Novo título", debe ir "(Principal)" e á súa dereita o novo nome que se querre dar. Tamén é importante na parte inferior, indicar se se quere ou non deixar unha redirección. Se o novo título é por un erro, non é preciso; mais, ás veces, como no caso de "Tekné" si é relevante para que se redireccionen dende outras grafías. Espero haberme explicado. Saúdos. [[Usuario:MAGHOI|MAGHOI]] ([[Conversa usuario:MAGHOI|conversa]]) 11 de xuño de 2021 ás 11:42 (UTC)
 
== Autoría ==
 
Ola, de novo, Gasparoff. Parabéns pola morea de artigos que estás a traducir. Só un detalliño. Cando na páxina de conversa indicas a procedencia da tradución, non é preciso indicar todas. Explícome. Normalmente, ao traducir doutra lingua, collemos un artigo como base. Ese si se indica na páxina de conversa como estás a facer. Porén, sobre ese primeiro artigo, se incorporamos texto doutro wiki, chega con indicalo no aviso que aparece cando damos a gardar. Espero haberme explicado. Máis nada. E a seguir. [[Usuario:MAGHOI|MAGHOI]] ([[Conversa usuario:MAGHOI|conversa]]) 22 de xuño de 2021 ás 19:58 (UTC)