Wchutemás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gasparoff (conversa | contribucións)
Liña 18:
Ao mesmo tempo, pero doutra banda, [[Vladimir Tatlin|Vladímir Tatlin]] expón o [[Construtivismo (arte)|construtivismo]] e [[Alexander Rodchenko|Aleksandr Ródchenko]] o non-obxectivismo, que teñen en común o abandono de todo referente obxetual e a construción dunha nova realidade. A partir da influencia recibida por parte dos [[Colaxe|collages]] de [[Pablo Picasso|Picasso]] e [[Georges Braque|Braque]], Tatlin comeza a facer as súas primeiras obras construtivistas, os ''contrarrelevos'', que consistían en murais abstractos construídos con madeira, perfís de metal, arame, etc. Máis tarde, en 1919, estes ''contrarrelevos'' perfilarían o deseño do Monumento á Terceira Internacional, considerado a principal obra do construtivismo.
 
Cando unha fracción dos construtivistas, como Tatlin, Rodchenko e El Lissitzky anuncian ''a morte da arte'' e se proclaman <nowiki><b>produtivistas</b></nowiki>, adoptan unha posición extrema cunha intención precisa; querendo facer da arte un dos sectores do traballo manual e da produción económica. Tatlin propuxo que o artista plástico participase na produción de artigos utilitarios. Aínda que os suprematistas e construtivistas máis estritos non estaban de acordo, Malevich acabará por adoptar o produtivismo até un certo punto. <ref>Le Bot, M. ''Pintura y anarquismo''. Madrid, Ediciones Cátedra, 1979, páxinas 131 y 132.</ref>
 
== O Curso Básico ==
Liña 85:
Wchutemás tivo un estreito paralelo coa [[Bauhaus]] alemá, na súa intención, organización e alcance. As dúas escolas foron as primeiras en formar a deseñadores-artistas nunha forma moderna, case como a coñecemos hoxe en día.<ref name="GSE">(en ruso) [[Gran Enciclopedia Soviética]], [https://web.archive.org/web/20050503051137/http://www.cultinfo.ru/fulltext/1/001/008/007/304.htm ''Вхутемас'']</ref> A Wchutemás coincidiu, e de algún xeito foi precursora, nos eidos que desenvolvería a Bauhausː o deseño de produto funcionalista (tanto na arquitectura como no deseño de mobiliario, etc.) na que a estetica non desaparecía, senón que era derivada da función e a solución ao problema que resolvía, as materias de cerámica e téxtil (impartida na Bauhaus por xente como Annie Albers ou Paul Klee), ou a importancia fundamental do [[Cor na arte|cromatismo na arte]], no deseño e na teoría da cor (aínda que esa importancia foi reducida no período dirixido por [[Hannes Meyer]] e logo da marcha de [[Johannes Itten]]). Ambas as escolas foron patrocinadas polo estado, as iniciativas de fusionar a tradición artesanal coa tecnoloxía moderna, cun Curso Básico de principios [[Estética|estéticos]], cursos de teoría da [[cor]], [[deseño industrial]] e arquitectura.
 
Wchutemás foi unha escola maior que a Bauhaus, pero tivo moita menos publicidade e en consecuencia, é menos familiar en [[Occidente]].<ref>Wood, Paul. ''The Challenge of the Avant-Garde'', Yale University Press, 1999, páxina 244, ISBN 0-300-07762-9.</ref><ref name="Fry">Fry, Tony & Inc NetLibrary, ''A New Design Philosophy an Introduction to Defuturing'', UNSW Press, 1999, páxina 161, ISBN 0-86840-753-4.</ref> En [[Galicia|Galiza]], [[Isaac Díaz Pardo]] sinalou a Wchutemás (tamén á [[Bauhaus]] e a [[Hochschule für Gestaltung|Escola de Ulm]]) como un dos referentes para o [[Laboratorio de Formas]] ,<ref>{{Cita web|url=https://www.elprogreso.es/articulo/cultura/isaac-diaz-pardo-agora-intentanse-facer-cousas-novas-sen-tradicion-e-sen-futuro/20080602181600159206.html|título=Díaz pardo sinala a influencia da Wchutemás, a Bauhaus e a HfG.}}</ref>, e [[Iria Rivera]], da [[Fundación Seoane]], sostén que os Wchutemás:
 
<small>{{Cita|"...foran pensados para dotar de produtos necesarios mais inmediatos, xerados coas visións de novos talentos artísticos. Tendo en conta o estado no que estaba Rusia tras o sistema imperial zarista, os Wchutemás eran imprescindibles para dotar a sociedade tanto de material de primeira orde accesible como que foran modernos, de boa calidade e útiles a longo prazo para mellorar a calidade de vida de toda a poboación. Os deseños arquitectónicos dos Wchutemás permitían que cada persoa tivera un espazo propio dentro dunha clase ou taller, dándolle grande importancia a entrada de luz e de ver a través das fiestras. Este sistema organizativo con estas connotacións foi trasladado por Díaz Pardo ás naves de Celtia e a Sargadelos.</small> <ref>{{Cita web|url=http://historiadegalicia.gal/2021/01/diaz-balino-e-diaz-pardo-unha-escenografia-para-galicia/|páxina-web=Historia de Galicia|título=Iria-Friné Rivera Vazquez sobre a influencia dos Wchutemás. "Díaz Baliño e Díaz Pardo, unha escenografía para Galicia"|data-acceso=22-6-2021}}</ref>}}
 
A influencia de Wchutemás foi expansiva, con todo, a escola exhibiu dúas estruturas polo profesorado e traballos de estudantes premiados na Exposición de Artes Decorativas de 1925 de París.<ref name="Curtis">Curtis, Penelope. ''Sculpture 1900–1945: After Rodin'', Oxford University Press, 1999, páxina 188, ISBN 0-19-284228-5.</ref> Ademais, Wchutemás atraeu o interese de varias visitas do director do [[Museo de Arte Moderna (Nova York)|Museo de Arte Moderna]], Alfred Barr.<ref name="Kantor">Kantor, Sybil Gordon. ''Alfred H. Barr, Jr., and the Intellectual Origins of the Museum of Modern Art'', [[MIT Press]], 2002, ISBN 0-262-61196-1.</ref> Co internacionalismo da arquitectura e o deseño moderno, houbo moitos intercambios entre Wchutemás e Bauhaus.<ref>Colton, Timothy J. ''Moscow: Governing the Socialist Metropolis'', [[Harvard University Press]], 1995, páxina 215, ISBN 0-674-58749-9.</ref> O segundo director da Bauhaus, [[Hannes Meyer]], tratou de organizar un intercambio entre as dúas escolas, mentres que Hinnerk Scheper-Hughes da Bauhaus colaborou con varios membros de Wchuteín no uso da cor na arquitectura e someteu a unha crítica reflexión, mediante unha carta aberta aos alumnos, as tendencias académicas de Wchutemás. Ademais, El Lissitzky, que visitou varias veces a Bauhaus, publicou un libro, Rusia, unha Arquitectura para a Revolución Mundial, en [[Lingua alemá|alemán]] en [[1930]], onde figuran varias ilustracións de proxectos destacados de Wchutemás/Wchuteín. Outra conexión entre Wchutemás e Bauhaus foi a visita que [[Kasimir Malevich|Kazimir Malévich]] realizou á Bauhaus en 1927, onde expuxo os seus cadros e publicou na serie da Bauhaus, ''Bauhausbücher'' un libro titulado ''Die Gegenstandslose Welt'' (en galego, ''O mundo sen obxectos''), unha recompilación de ensaios xa publicados entre 1920 e 1926. Ambas as escolas floreceron nun período relativamente liberal, e pecháronse baixo a presión, cada vez maior, de réximes totalitarios, aínda que a de Berlín foi clausurada e a de Moscova modificada, dividida en seis escolas.
Liña 96 ⟶ 97:
En 1930, por resolución do goberno disólvese o Wchutemás e é substituído por varias escolas ou institutos especializados, entre eles o MVTU co que formou o Instituto de Arquitectura e Construción de Moscova, que se transformou en Instituto de Arquitectura de Moscova en [[1930|1933]], o Instituto Poligráfico de Moscova, a Facultade de Belas Artes, o Instituto Téxtil de Moscova.<ref name="ШКОЛА МОДЕРНИЗМА">(en ruso) КАК проект, [http://kak.ru/columns/serov/a2609/ ШКОЛА МОДЕРНИЗМА.] {{Wayback|url=http://kak.ru/columns/serov/a2609/|date=20070910093014}} Consultada o 2 de agosto de 2007.</ref><ref>Moscow Architectural Institute, [http://www.miarch.ru/eng/history/ ''History of the Institute''.] Consultada o 2 de agosto de 2007.</ref> O Movemento Moderno que o Wchutemás axudara a xerar, considerouse críticamente como formalismo abstracto, e separouse historicamente no [[realismo socialista]], o [[:en:Postconstructivism|postconstrutivismo]], e o [[:ru:Сталинский ампир|Estilo Imperio]] da [[:en:Stalinist architecture|arquitectura estaliniana]].<ref name="RosDesign">(en ruso) M. Klyuev, [http://www.rosdesign.com/design/istorofdesign_rus.htm ''Российское направление развития дизайна.''], RosDesign.</ref> Xunto co fin do Wchutemás desvanécese a vangarda rusa no campo das artes plásticas.
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
 
* {{Cita libro|apelidos=Gay, Aquiles y Samar, Lidia|nome=|título=El diseño industrial en la historia|ano=2004|editorial=Córdoba: Ediciones TEC|ID=ISBN 987-21597-0-X}}
* Khan-Magomédov, Selim Omárovich. [https://www.abebooks.com/book-search/isbn/2903370559/ VHUTEMAS: Moscou, 1920-1930. Arts Decoratifs. Éditions Du Regard, Paris, 1990]
* Хан-Магомедов С.О. ВХУТЕМАС-ВХУТЕИН. — М.: Знание, 1990. — 62 с. — (Серия «Новое в жизни, науке, технике. Строительство и научно-технический прогресс»). — ISBN 5-07-001555-9
* Хан-Магомедов С.О. ВХУТЕМАС. Высшие государественные художественно-технические мастерские, 1920—1930. Архитектура. Дерево. Металл. Керамика. Графика. Живопись. Скульптура. Текстиль. В 2 кн.— М.: Ладья, 1995.
* [https://www.alyoshin.ru/Files/publika/khan_archi/khan_archi_1_000.html Хан-Магомедов С. О. Архитектура советского авангарда. В 2 кн. М.: Стройиздат, 1996. ISBN 5-274-02045-3 ({{Ru}}]{{Ru}}){{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})].<br />Jan-Magomédov S.Ou. ''A arquitectura de vangarda soviética''. 2 tomos. Moscova: Stroyizdat, 1996. ISBN 5-274-02045-3
 
=== Outros artigos ===
* [[Bauhaus]]
* [[Construtivismo (arte)|construtivismo]]
Liña 107 ⟶ 119:
* [[Alexander Rodchenko|Aleksandr Ródchenko]]
 
=== NotasLigazóns externas ===
{{Listaref|2}}
 
== Bibliografía ==
 
* {{Cita libro|apelidos=Gay, Aquiles y Samar, Lidia|nome=|título=El diseño industrial en la historia|ano=2004|editorial=Córdoba: Ediciones TEC|ID=ISBN 987-21597-0-X}}
* Khan-Magomédov, Selim Omárovich. [https://www.abebooks.com/book-search/isbn/2903370559/ VHUTEMAS: Moscou, 1920-1930. Arts Decoratifs. Éditions Du Regard, Paris, 1990]
* Хан-Магомедов С.О. ВХУТЕМАС-ВХУТЕИН. — М.: Знание, 1990. — 62 с. — (Серия «Новое в жизни, науке, технике. Строительство и научно-технический прогресс»). — ISBN 5-07-001555-9
* Хан-Магомедов С.О. ВХУТЕМАС. Высшие государественные художественно-технические мастерские, 1920—1930. Архитектура. Дерево. Металл. Керамика. Графика. Живопись. Скульптура. Текстиль. В 2 кн.— М.: Ладья, 1995.
* [https://www.alyoshin.ru/Files/publika/khan_archi/khan_archi_1_000.html Хан-Магомедов С. О. Архитектура советского авангарда. В 2 кн. М.: Стройиздат, 1996. ISBN 5-274-02045-3 ({{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})]{{Ru}})].<br />Jan-Magomédov S.Ou. ''A arquitectura de vangarda soviética''. 2 tomos. Moscova: Stroyizdat, 1996. ISBN 5-274-02045-3
 
== Ligazóns externas ==
{{Commonscat}}
 
* [https://web.archive.org/web/20070927012213/http://www.schicklerart.com/auto_exh/November%201 Traballos de Wchutemás en schicklerart]
*[https://mosmuseum.ru/exhibitions/p/vhutemas/ Вхутемáс 100. Exposición do centenario da escola] (en ruso)
*[https://www.youtube.com/watch?v=bVTRtfQGpu8 Vídeo anunciando a exposición do centenario da escola] (en ruso)
 
* [https://www.vieiros.com/enlaces/novas/doc/0421674001201092416-numero-cero-do-xornal-galicia.pdf Entrevista a Díaz Pardo, falando da influencia da Wchutemás e a Bauhaus sobre o Laboratorio de Formas de Galicia.]
* Wchutemás, fotografías, Centro canadense de Arquitectura ([https://www.cca.qc.ca/en/search?query=vkhutemas&filters=%7B%22forms_collection_library_bookstore%22%3A%5B%22photographs%22%5D%7D&img_filter=1 Artigos dixitalizados]) 
 
{{control de autoridades}}
* Wchutemás, fotografías, Centro canadense de Arquitectura ([https://www.cca.qc.ca/en/search?query=vkhutemas&filters=%7B%22forms_collection_library_bookstore%22%3A%5B%22photographs%22%5D%7D&img_filter=1 Artigos dixitalizados]) 
[[Categoría:Deseño gráfico]]
[[Categoría:Deseño industrial]]