Hannes Meyer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
'''Hannes Meyer''', nado o [[18 de novembro]] de [[1889]] en [[Basilea]] e finado o [[19 de xullo]] de [[1954]] en [[Lugano]], foi un [[Arquitectura|arquitecto]] e [[Planificación urbanística|urbanista]] [[Suíza|suízo]]. Dirixiu a [[Bauhaus]] de Dessau (a segunda etapa da escola) de 1928 a 1930, e hoxe é considerado un dos seus membros máis influentes.
 
Comezou a súa carreira en Basilea e [[Berlín]], antes de que o fundador da Bauhaus, [[Walter Gropius]], o chamase para facerse cargo da dirección da institución. Durante o seu mandato deseñou a escola federal da Confederación Xeral Sindical Alemá en [[Bernau]] e os edificios chamados {{Lang|de|''Laubenganghäuser''}} (casa con acceso á terrazabalcón) en Dessau. Sempre desde postulados moi politizados, Hannes Meyer teorizou e desenvolveu unha concepción da arquitectura e o urbanismo fortemente influenciados polo [[marxismo]], tanto nos seus aspectos filosóficos, de formular o deseño como tese, antítese e síntese, como nos seus fins, xa que os beneficios do deseño de produto (sexa arquitectónico ou calquera tipo de desño industrial) deben reverter na sociedade, filosofía que se estendeu a toda a Bauhaus. As súas posicións políticas levaron ao seu cesamento da escola, sendo substituído por [[Ludwig Mies van der Rohe|Mies van der Rohe,]] quen era veterano da [[Primeira guerra mundial]] (a Bauhaus foi fechada igualmente polos [[Nazismo|nazis]], estando baixo a dirección de Mies). Meyer exiliouse logo na [[Unión Soviética]], e uns anos despois en [[México]], onde dirixiu programas de urbanismo.
 
O papel de Hannes Meyer na historia da [[Bauhaus]] foi minimizado durante moito tempo, posibelmente debido aos seus posicionamentos marxistas, especialmente logo de que Mies van der Rohe tratase de "despolitizar" a escola para, infructuosamente, evitar o seu peche polos nazis, que finalmente se produciu en 1933. Meyer tamén foi alcumado ''o director descoñecido da Bauhaus.''{{cómpre referencia}}