Falcón albar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «estudios»
Liña 46:
A coloración da plumaxe do falcón albar é moi variable, dentro dun amplo espectro que vai de aves case totalmente brancas con só as puntas das alas negras, ata exemplares practicamente negros. Hai exemplares coa parte superior do corpo uniformemente gris ou castaña agrisada e aves grises con listas escuras e o ventre completamente branco.
 
A literatura ornitolóxica adoita describir ó falcón albar coma trimorfo, distinguindo entre formas brancas, grises e escuras. Mentres tradicionalmente algúns estudiosestudos (Génbso e Mebs) relacionaban a coloración coa área xeográfica na que viven os falcóns, atribuíndo as coloracións brancas principalmente a [[Groenlandia]] e o leste de [[Siberia]], as grises a [[Islandia]] e o sur de Groenlandia, e as escuras a [[Escandinavia]], norte de [[Finlandia]] e norte de [[Rusia]], as observacións feitas polo ornitólogo Todd en [[1963]] amosan que a coloración é unha característica individual e non xeográfica, como amosaría a presenza de polos de cores diferentes dentro da mesma niñada. Os posteriores estudos estatísticos de Popatov e Sale confirman esta opinión. A plumaxe branca sería unha característica monocigótica recesiva, as que van do gris claro ó gris escuro heterocigótica e a plumaxe castaña escura monocigótica [[dominancia (xenética)|dominante]]. As diferentes formas de coloración poden aparecer en tódalas poboacións: de 55 adultos observados en [[1968]] na península de Seward en [[Alasca]] o 12,7% eran grises acastañados, o 56,4% grises, o 16,4% grises claros, o 5,5% de cor crema con faixas grises e o 9,1% eran brancos. Unha coloración pode perder presenza co tempo. O número de falcóns brancos na [[península de Kamchatka]] era entre [[1981]] e [[1990]] do 39,3%, e entre [[1991]] e [[1999]] do 20% (Popatov, S. 60)
 
=== O tema das subespecies ===