Os Trintas de Trives: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
==Traxectoria==
 
O pai dos tres irmáns Álvarez, Xosé, tiña o alcume de "O Trinta", que lle viña dado polo do seu propio pai, a quen chamaban "O Vintenove". Así que cando os irmáns tiveron que decidir o nome do conxunto escolleron "Os Trintas", en plural.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Vega Pato|nome=Tomás|data=2005|título=Os Trintas de A Pobra de Trives, lenda e realidade|revista=Anuario da gaita|páxinas=4|número=20|url=https://publicacions.depourense.es/images/stories/pdf/anuariodagaita/gaita20.pdf#page=3&zoom=auto,-275,525}}</ref> Foron un grupo diferente ao que se pode considerar hoxe en día unha formación de [[música tradicional]], xa que todos tocaban na [[Bandas de música populares|banda de música]] de Trives, sendo [[músico]]s con formación e por tanto afeitos ao emprego de [[partitura|partituras]]. Ricardo Courtier, o seu director na banda, decidiu conformar o cuarteto inspirado polo exemplo dos gaiteiros "innovadores" da época, como [[Xan Míguez "O Ventosela",|Xan Míguez "O Ventosela"]] ou os gaiteiros de Sobrado. Estes novos gaiteiros incluían no seu repertorio pezas non tradicionais, e tocaban acompañados da instrumentación procedente das bandas populares. O repertorio dos Trintas composto por Courtier, mesturaba as melodías populares galegas cos ritmos de moda no momento, como azarzuelas, [[mazurca]]pasodobres ou o [[valse]]fox-trot, e empregaba arranxos de obras de compositores como [[Xoán Montes]], [[José Castro González|Chané]] ou [[Federico Chueca]].<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Garrido Rodríguez|nome=Manuel|data=1991|título=Tempos Modernos|revista=Anuario da gaita|número=6|url=https://publicacions.depourense.es/images/stories/pdf/anuariodagaita/gaita6.pdf#page=10&zoom=180,-100,816|páxina=10}}</ref>
 
No seu tempo foron aclamados tanto polo público como pola prensa que se facía eco das súas actuacións por Galicia. Adquiriron fama na década de 1890 polas súas actuacións nos [[xogos florais]] e nas festas das cidades galegas, pasando posteriormente a actuar noutras urbes da península como [[Madrid]], [[Barcelona]] ou [[Bilbao]]. No ano [[1902]] foron convidados a tocar na coroación do rei [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], o que multiplicou a súa popularidade, de xeito que comezaron a ser reclamados desde os distintos centros galegos espallados polo mundo, como o da [[Centro Gallego de La Habana|Habana]] ou o de [[Centro Gallego de Buenos Aires|Buenos Aires]], no que non puideron actuar por enfermaren un dos irmáns.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Vega Pato|nome=Tomás|data=2005|título=Os Trintas de A Pobra de Trives, lenda e realidade|revista=Anuario da gaita|páxinas=6|número=20|url=https://publicacions.depourense.es/images/stories/pdf/anuariodagaita/gaita20.pdf#page=5&zoom=auto,-275,814}}</ref>