Alcoholismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «guia»
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
O consumo excesivo e prolongado desta substancia vai obrigando o organismo a requirir cantidades crecentes para sentir os mesmos efectos, a isto chámaselle "tolerancia aumentada" e desencadea un mecanismo adaptativo do corpo ata que chega a un límite no que se inviste a suposta resistencia e entón "asimila menos", por iso tolerar máis alcohol é en si un risco de alcoholización<ref>{{Cita web|título=How to help an alcoholic who has relapsed|url=https://www.ukat.co.uk/alcohol/help-alcoholic-who-has-relapsed/|páxina-web=UK Addiction Treatment Centres|data=2020-05-11|data-acceso=2021-01-31}}</ref>.
 
== Efectos do alcol ==
Químicamente, o alcol tende a diminuír a actividade química das substancias que afectan o sistema nervioso, a inhibir o comportamento (ácido gamma-aminobutírico, tamén chamado sinalización GABA) e a aumentar a actividade dos procesos de procura do pracer (glutamato). Isto pode provocar que as persoas estean menos inhibidas nas súas palabras e accións e sexan máis propensos a participar en actividades inmediatamente agradables aínda que sexan inseguras. Incluso os bebedores lixeiros poden experimentar un encollemento de partes do cerebro. A intoxicación con alcol pode caracterizarse por fala borrosa, torpeza, somnolencia, sentidos distorsionados, perda de coñecemento.<ref>{{Cita web|título=What are the effects of alcohol?|url=https://www.medicinenet.com/alcohol_abuse_and_alcoholism/article.htm|páxina-web=MedicineNet|data-acceso=2021-06-20|lingua=en}}</ref>
 
== Tratamento do alcoholismo ==
[[Ficheiro:Possible long-term effects of ethanol.png|miniatura|300px|dereita|Algúns dos posíbeis efectos a longo prazo do etanol que unha persoa pode chegar a ter. Ademais, nas mulleres embarazadas, o alcohol pode causar [[síndrome alcohólica fetal]].]]
Os tratamentos para poder combater o alcoholismo inclúen programas de desintoxicación realizados por institucións médicas.<ref>{{Cita web|título=How to Detox from Alcohol Addiction|url=https://www.detox.net/alcohol-detox-guide/|páxina-web=www.detox.net|data-acceso=2021-06-20}}</ref> Isto pode supor a estancia do paciente durante un período indeterminado (quizais varias semanas), baixo tutela en hospitais especializados onde poida que se utilicen determinados medicamentos para evitar a síndrome de abstinencia.<ref>{{Cita web|título=How Long Does Addiction Treatment Take?|url=https://www.recovery.org/drug-treatment/90-day-program/|páxina-web=|data-acceso=2021-06-20}}</ref> Despois do período de desintoxicación, pode someterse ó paciente a diversos métodos de terapia de grupo ou [[psicoterapia]] para tratar problemas psicolóxicos de fondo que poidan levar ó paciente á dependencia. Ademais, pódese apoiar o programa con terapias que inciten ó paciente a repugnar o alcohol mediante [[fármaco]]s como o Disulfiram, que provoca fortes e repentinas resacas sempre que se consuma alcohol.
 
A terapia nutricional é outro tratamento. Moitos alcohólicos teñen síndrome de resistencia á [[insulina]], unha desorde metabólica debido á cal o corpo non regula correctamente o [[azucre]] causando unha subministración inestable á circulación sanguínea. Aínda que esta desorde se pode tratar cunha dieta hipoglicémica, isto pode afectar ó seu comportamento e o seu estado anímico. Estes síntomas son efectos secundarios que se observan frecuentemente en alcohólicos sometidos baixo tratamento de desintoxicación. Os aspectos metabólicos do alcoholismo adoitan pasarse por alto dando como resultado tratamentos de dubidosos resultados.
Liña 30 ⟶ 33:
 
== Cálculo do consumo excesivo de alcohol ==
Existe unha sinxela fórmula para pescudar se se está consumindo unha cantidade excesiva de alcohol cos prexuízos que iso supón, mediante o cálculo dos gramos de alcohol. Esta fórmula consiste en multiplicar a cantidade de bebida en ml ou cc polo número de graos de alcohol e por 0,8, e este resultado divídese entre 100 para coñecer os gramos de alcohol da bebida en cuestión.<ref>{{Cita web|título=How Much Alcohol Is Too Much?|url=https://www.healthline.com/nutrition/how-much-alcohol-is-too-much|páxina-web=Healthline|data=2020-05-11|data-acceso=2021-06-20|lingua=en}}</ref>
 
Considérase un consumo excesivo diario, 40 gramos de alcohol en homes, debido á súa maior tolerancia ao alcohol, e 20 gramos de alcohol en mulleres.
 
== Alcoholismo e predisposición xenética ==
Recentemente un estudo da Universidade de Granada titulado "Alcoholismo e drogadicción" di demostrar que existe unha predisposición [[xenética]] no desenvolvemento da enfermidade do alcoholismo debido a unha deficiencia na produción de [[endorfinas]] de carácter hereditario que podería ser un condicionante no desenvolvemento desta enfermidade.<ref>{{Cita web|título=Genetics of Alcohol Use Disorder {{!}} National Institute on Alcohol Abuse and Alcoholism (NIAAA)|url=https://www.niaaa.nih.gov/alcohols-effects-health/alcohol-use-disorder/genetics-alcohol-use-disorder|páxina-web=www.niaaa.nih.gov|data-acceso=}}</ref>
 
== Notas ==