Partido Republicano Radical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Liña 1:
O '''[[Partido Republicano Radical]]''' foi un dos primeiros partidos republicanos presentes en [[Galicia]], tiña unha importante militancia nas cidades de [[Pontevedra]], dirixido por [[Gerardo Abad Conde]], e [[A Coruña]], dirixido por [[Emiliano Iglesias]], tamén a fins da ditadura de Primo de Rivera consegue unha certa base agraria grazas a entrada dun xa dereitizado [[Basilio Álvarez]] no partido.
O '''Partido Republicano Radical''', máis coñecido simplemente como '''Partido Radical''', foi un partido político español fundado por [[Alejandro Lerroux]] en [[1908]] en [[Santander]], ao escindirse da histórica [[Unión Republicana]] de [[Nicolás Salmerón]].
 
Participou na formación da [[Federación Republicana Gallega]], o PRR representaba en Galicia os intereses da burguesía e ata a proclamación da II República carecía dunha estrutura galega propia e logo conforma un Comité Rexional. Tras a saída da FRG, o PRR comezou unha campaña de rivalidade coa ORGA e presentouse en solitario para as eleccións a Cortes Constituíntes, agás na provincia de Pontevedra na que Emiliano Iglesias concorriu na coalición republicano-socialista. O PRR conseguiu 11 escanos converténdose na segunda forza política de Galicia, nas Cortes os seus deputados galegos desenvolveron unha política antiautonomista e conservadora. Despois das eleccións de 1933 con 15 escanos converteuse na principal forza política de Galicia, converténdose un baluarte das políticas máis conservadoras e antiautonistas no seo do republicanismo. En 1934 con [[Diego Martínez Barrio]] marcharon do partido boa parte dos militantes galegos que organizaron a organización galega da [[Unión Republicana]].
A súa base ideolóxica foi moi cambiante, oscilando as súas formulacións entre o radicalismo anticlerical e violento, participando moi activamente nos feitos da Semana Tráxica de Barcelona (1909), o republicanismo moderado e o conservadorismo e a colaboración coa dereita monárquica e confesional, durante a [[II República]]. O partido sufriu diversas escisións ao longo da súa existencia. En 1929, o sector máis progresista, liderado por [[Marcelino Domingo]], separouse do PRR para fundar o [[Partido Republicano Radical Socialista]], que acabaría en gran parte confluíndo na [[Izquierda Republicana]] de [[Manuel Azaña]]. En abril de 1934, xa co Partido Radical dentro do goberno republicano, [[Diego Martínez Barrio]] saíu do partido cos cadros máis moderados para fundar o [[Partido Radical Demócrata]], en desacordo coa liña dereitista da maioría radical.
[[Categoría:Partidos políticos de EspañaGalicia]]
 
No derradeiro alento do reinado de Afonso XIII, o Partido Radical foi un dos firmantes principais do Pacto de San Sebastián, e como tal participou no Comité Provisorio que comandou o derrocamento da Monarquía e do Goberno Provisorio que substituíu ao Goberno da Monarquía trala proclamación da II República, o 14 de abril de 1931. Durante o primeiro bienio republicano, no que ocupou 89 asentos nas Cortes Constituintes, o Partido Radical distinguiuse por combater desde o centro-dereita as políticas de esquerdas dos gobernos de Azaña. Tralas eleccións de 1933, que deron maioría ás dereitas no Parlamento e nas que obtivo 104 escanos, o Partido Radical liderou o goberno da República, primeiro en solitario (un gabinete monocolor apoiado pola [[CEDA]]), e despois en coalición coa Confederación Española de Derechas Autónomas de Gil-Robles. Ao longo do seu mandato, tivo que facer fronte á Revolución de Outubro de 1934. Tras controlar a situación no resto do país, o Goberno radical detivo a Companys, suspendeu a Generalitat e mandou á Lexión a combater a insurrección obreira en Asturias, que foi duramente reprimida polos xenerais [[Franco]] e Goded. Os gobernos radicais sucedéronse, progresivamente debilitados por numerosos escándalos de corrupción (entre eles, o do Estraperlo) en que se viron envolvidos os seus líderes, e cada vez máis impotentes para estabilizar unha situación social cada vez máis crispada e enrarecida, ata 1936, en que o triunfo da coalición das esquerdas deu paso ao Goberno da Fronte Popular. Como o resto de partidos políticos activos durante a República salvo o chamado Movemento Nacional (FET y de las JONS), o Partido Radical Republicano foi ilegalizado trala vitoria do bando nacional na guerra civil.
 
== Ver tamén ==
*[[Partido Republicano Radical en Galicia]]
[[Categoría:Partidos políticos de España]]
 
[[ca:Partit Republicà Radical]]
[[en:Radical Republican Party]]
[[es:Partido Republicano Radical]]
[[nl:Partido Republicano Radical]]