Mary Anderson (inventora): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Mary Anderson naceu no [[condado de Greene, Alabama]], no inicio da [[Reconstrución (Estados Unidos)|reconstrución]] en 1866. En 1889 trasladouse coa súa nai viúva e a súa irmá á cidade en pleno auxe de [[Birmingham, Alabama]]. Construíu os apartamentos Fairmont na avenida Highland pouco logo de instalarse. En 1893, Mary Anderson mudouse ao oeste de [[Fresno]], [[California]], onde ata 1898 operou un rancho de gando e un viñedo.
 
=== Invención do limpaparabrisas ===
Nunha visita á cidade de [[Nova York]] no inverno de 1902, Anderson tomou o [[tranvía]] e notou que en todo o percorrido o condutor debía deterse e saír continuamente a limpar a sucidade, a auga e o xeo que se impregnaban no parabrisas; tamén observou que deixaba as fiestras semi-abertas debido ás dificultades para manter o parabrisas limpo.<ref>Slater, Dashka, ''Who made that? Windshield Wiper'', New York Times Magazine, 14 de setembro de 2014, p.22</ref> Iso facía perder tempo ao propio condutor e aos viaxeiros. Un día despois do primeiro paseo buscou un diagrama do dispositivo de varrido elemental. Cando regresou a [[Alabama]] contratou un deseñador para que deseñase un dispositivo de accionamento manual para manter o parabrisas limpo e conseguiu unha compañía local para que producise un modelo de traballo.<ref name=obit/>
 
En 1903 solicitou e concedéuselle unha [[patente]] de 17 anos polo limpaparabrisas. O dispositivo que ideou consistía nunha panca, instalada no interior do vehículo, que controlaba unha lámina de goma resistente na parte exterior do parabrisas. A panca podería ser accionada para facer que o brazo metálico, por medio de resortes, puidese moverse cara atrás e cara a adiante a través do parabrisas, unha e outra vez.<ref name=InventNow>{{cita web |url=http://www.invent.org/hall_of_fame/422.html |title=Hall of Fame Inventor Profile: Mary Anderson |work=Invent Now Hall of Fame |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20130507165646/http://www.invent.org/hall_of_fame/422.html |data-arquivo=7 de maio de 2013 }}</ref><ref name=MIT/>
Un contrapeso utilizábase para asegurar o contacto entre o brazo mecánico e a fiestra. Dispositivos similares fixéronse antes, pero o de Anderson foi o primeiro en ser efectivo.<ref name=MIT>[http://web.mit.edu/invent/iow/anderson.html Mary Anderson: Windshield Wipers], September 2001, Inventor of the Week Archive, [[Massachusetts Institute of Technology]] School of Engineering website, consultado o 3 de marzo de 2009</ref> O seu sistema tiña un único brazo sostido na parte superior e no centro do vidro.
 
[[Ficheiro:1921 Ford Model T (14788461146).jpg|250px|miniatura|dereita|ModeloUn [[Ford T]] modelo de 1921 con limpaparabrisas.]]
En 1905, Anderson tratou de vender os dereitos da súa invención a unha empresa canadense, pero esta rexeitou a súa solicitude argumentando que non consideraba que o invento tivese valor comercial suficiente para que se xustificase comezar a producilo.<ref>{{Cita web|url=http://www.encyclopediaofalabama.org/article/h-2553|título=Mary Anderson|data-acceso=27 de xaneiro de 2020|páxina-web=Encyclopedia of Alabama|lingua=en}}</ref> En medio da súa loita para vender o seu invento, apareceu en escena [[Henry Ford]], quen tomou contacto con este invento, ao parecer, sen ter relación con Anderson. Fiel ao seu destino innovador, interpretou a súa utilidade, que nun principio probou nos [[Ford T]] con parabrisas.
 
Liña 18:
 
== Últimos anos ==
Anderson residía en Birmingham, onde continuou xestionando os apartamentos Fairmont ata a súa morte á idade de 87 anos. No momento da súa morte, era o membro máis antigo do sur de Highland Presbyterian Church. Morreu na súa casa de verán en Monteagle, Tennessee. O seu funeral levouse a cabo polo Dr. Frank A. Mathes en Highland Sur e foi sepultada no cemiterio de Elmwood.<ref name=obit/>
 
== Na cultura popular ==