Domingo Pardo Corredoira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m modelo biografía
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 5:
Fillo de [[Nicolás Pardo Cernadas]], un dos fundadores do [[PSOE]] en Compostela. Pertenceu nos anos vinte ao sindicato de carpinteiros de Santiago de Compostela ([[CNT]]). En setembro de 1931 foi orador nun mitin en Compostela e foi detido en 1933. Adheriuse ao [[Partido Sindicalista]] que o propuxo para candidato á alcaldía. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] formou parte do comité revolucionario de Compostela que non puido impedir a toma da cidade polas tropas franquistas. Detido, foi internado no campo de concentración de Iria-Padrón.
 
Despois da súa liberación participou na clandestinidade como delegado no plenario rexional da CNT galega en [[1945]], e ao ano seguinte foi tesoureiro do Comité rexional. Coa caída da organización galega da CNT en marzo de [[1947]], fuxiu. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.<ref>''La Voz de Galicia'', 10-8-1947, p. 2.</ref> Permaneceu agochado ata [[1949]], cando foi detido e condenado a cinco anos de prisión.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
Liña 20 ⟶ 22:
{{ORDENAR:Pardo Corredoira, Domingo}}
[[Categoría:Personalidades do anarquismo de Galicia]]
 
[[Categoría:Sindicalistas da CRG]]
 
[[Categoría:Represaliados polo franquismo]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]