Amadeo Goyanes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''Amadeo Goyanes Vázquez''', nado en [[Cinsa, Baamorto, Monforte de Lemos|Cinsa]] ([[Baamorto, Monforte de Lemos|Baamorto]], [[Monforte de Lemos]]) o [[27 de abril]] de [[1915]], e finado en [[Lugo]] o [[2 de xuño]] de [[1995]], foi un [[Gaiteiro galego|gaiteiro]] e [[luthier]] galego.
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Faustino santalices.jpg|miniatura|260x260px|Fotografía do artesán, e mestre de Amadeo goyanes, Faustino Santalices tocando unha zanfona.]]
 
Foi o maior de nove irmáns, fillo de Salustiano e Demetria, labregos, que traballaban no campo e no muíño familiar preto do [[río Cinsa]], onde Amadeo axudaba de pequeno. Durante as muiñadas elaboraba [[frauta]]s de cana para tocar, iniciándose deste xeito a súa afección musical. Foi despois aprendiz de [[Carpintaría|carpinteiro]] no obradoiro dun parente até o 1936 cando foi chamado ao servizo militar. Durante a [[guerra civil española]] foi ferido en Málaga. Debido á metralla aloxada na súa perna esquerda foi licenciado como militar mutilado e asignado a traballar como ferroviario en [[Monforte de Lemos]]. No 1940, rematada a guerra, casou con Amelia Casar Aceiro de [[Bóveda]], e foi trasladado a [[Valladolid]]. Alí frecuentou unha taberna na que se xuntaban os galegos e na que se tocaba música do pais, entre eles [[Faustino Santalices]] e Luís de Castro. No pequeno obradoiro que Santalices posuía na cidade, Goyanes aprendeu a fabricar [[Gaita galega|gaitas]]<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|apelidos=Escola provincial de Gaitas (Deputación de Ourense)|data=1996|título=Reseña biográfica de Amadeo Goyanes Vázquez|revista=Anuario da gaita|número=11|url=https://publicacions.depourense.es/images/stories/pdf/anuariodagaita/gaita11.pdf#page=32&zoom=auto,-61,822|páxina=33}}</ref>, foi iniciado nos segredos da [[zanfona]] e asumiu a importancia da conservación e da transmisión da [[música tradicional galega]].<ref name=":1">{{Cita web|título=Amadeo Goyanes, un ferroviario monfortino que axudou a salvar a zanfona|url=http://gaiteirosgalegos.gal/index.php?view=article&id=3332:amadeo-goyanes-un-ferroviario-monfortino-que-axudou-a-salvar-a-zanfona&option=com_content&Itemid=5|páxina-web=gaiteirosgalegos.gal|data-acceso=2021-06-18}}</ref>