Conversa categoría:Caixas de navegación de lugares de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Untitled: Arranxos varios
Liña 23:
 
Esta é a forma máis rápida (que eu saiba) para facer estes cambios, a ver se pouco a pouco imos facendo entre todos que hai moito chollo :) --[[Usuario:Banjo|<span style="font-family:Verdana; font-size:medium; color:#000000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">☣'''''Banjo'''''</span>]]&nbsp;[[Conversa usuario:Banjo|<sup><span style="font-family:Verdana; font-size:x-small; color:#dd0000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">'''''tell me'''''</span></sup>]] 10:38, 2 abril 2009 (UTC)
 
== Non son, nin de lonxe, todos lugares. ==
 
Boa tarde,
 
Estiven investigando estes días no tema e non se poden considerar a todas as entidades de poboación de Galicia por defecto como "lugares". Cada localidade de España, e supoño que tamén noutros países, obstenta un título que indica o tipo de entidade de poboación que é, isto é, aldea, casarío, lugar, barrio, vila, cidade, casa de labor, urbanización, faro, casco urbano, núcleo urbano, capital, santuario, reitoral..., sendo os máis frecuentes e comúns os primeiros. Estaría ben que alguén máis entendido no tema me aclarase o asunto, pero o que esá claro para min é que sen as referencias oportunas, non se pode dicir que todas as parroquias de Galicia, nin de lonxe, estean divididas en lugares.
 
A categoría da entidade de poboación pódese consultar [http://alarcos.esi.uclm.es/per/fruiz/pobesp/vieja/dat/nomen.htm aquí]. A fonte é de hai uns dez anos, se alguén encontrase algunha fonte máis recente estaría ben que mo comunicase. Non obstante, non creo que haxa moitas diferenzas. O que si que pode haber é problemas na medida da que a fonte está en castelán. No concello de Oleiros, por exemplo, aparecen algunhas entidades baixo o nome de "pueblo", e noutros concellos, baixo o nome de "villa", sendo os dous termos traducidos ao galego por "vila" (o termo "pobo" só fai referencia ao conxunto de habitantes que viven nun lugar, como en "Os políticos fan moito dano ao pobo" ou en "O pobo galego é emigrante".
 
Tendo que ver con isto, estiven xa facendo edicións relacionadas co tema nalgunhas parroquias do concello de Carballo, como Aldemunde, Ardaña, Artes, Berdillo, Bértoa ou Cances. Delas, moi poucas eran lugares, sendo a maioría aldeas, habendo algún casarío polo medio.
 
Se hai un consenso na comunidade da Galipedia acerca do tema, estaría ben que se especificase o seguinte:
* A diferenza entre cidade, vila e aldea non é a poboación. Sada é unha cidade, Madrid é unha vila e O Milladoiro é unha aldea. Tamén pode haber casaríos de máis de cen habitantes.
* Non se poden considerar a todos os que aquí aparecen baixo o termo "lugares" como "entidades de poboación", xa que non todas o son. Existen topónimos que aparecen no nomenclátor da Xunta de Galicia, pero que non saen no IGE nin no INE, co que non conteñen poboación de ningún tipo, sendo frecuentemente parte doutro lugar máis grande.
* O nome que aparece no IGE (e moito menos no do INE) non se ten que corresponder co oficial. De feito, se un realiza unha consulta no INE en concellos como Tui ou Monfero, verá que a toponimia está completamente castelanizada, exactamente como era antes da transición (tamén na fonte que aporto, xa que está baseada no INE).
 
Agardando atentamente unha resposta ao tema, saúdos.--[[Usuario:Esquwiki|Esquwiki]] ([[Conversa usuario:Esquwiki|conversa]]) 18 de xuño de 2021 ás 15:17 (UTC)
Volver á páxina "Caixas de navegación de lugares de Galicia".