Henrique Otero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Henrique Otero pretendeu lograr unha síntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Foi membro fundador do grupo [[Os Cruceiros (música)|Os Cruceiros]], de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta. En [[1971]] converteuse no primeiro mestre gaita no Conservatorio de Vigo, logrando que o Ministerio de Educación recoñecese o estudo oficial da gaita galega. Foi tamén o primeiro gaiteiro que publicou un método para aprender gaita, ''Leccións de Gaita''. Froito do seu maxisterio son Xan e Toniño López, Chuco Estévez, María Xosé López, Rosario Guerrero, Xaime Estévez ou [[Carlos Núñez]], entre outros.
 
Ten compostas máis de duascentastrescentas obras, nas que mestura a tradición coa busca de novas posibilidades para o instrumento.<ref>{{Cita web|título=Vieiros: Galiza Hoxe - Homenaxe ao Gaiteiro do Fragoso, un dos principais mestres da gaita|url=https://www.vieiros.com/nova/80032/homenaxe-ao-gaiteiro-do-fragoso-un-dos-principais-mestres-da-gaita|páxina-web=www.vieiros.com|data-acceso=2021-06-18}}</ref> Grupos coma [[Muxicas]], [[Treixadura (grupo musical)|Treixadura]] e [[Noitarega]] teñen incluídas algunhas das súas pezas nos seus repertorios.
 
Concedéuselle a [[medalla Constantino Bellón]] en homenaxe á súa carreira.