Félix Álvarez Arganzúa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Xas (conversa | contribucións)
m + cat
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo de Félix Álvarez Seijas. Emigrou a [[Arxentina]] sendo mozo e retornou á [[A Coruña|Coruña]] en [[1915]]. Destacou como militante libertario nos anos da República como integrante do Sindicato de Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita, do que foi directivo. Simpatizou co sector moderado da [[Confederación Rexional Galaica|Confederación]]. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]], estivo agochado ate [[1938]], cando foi detido ao tentar saír nunha das fugas organizadas por Despertear Marítimo. Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Saíu en liberdade en [[1941]], e en [[1946]] figuraba como secretario do comité da [[CRG]] na clandestinidade. Foi detido no verán de [[1946]], pero conseguiu fuxir do cuartel da Garda Civil. Marchou a [[Noia]] onde o protexeu o capataz das [[minas de San Fins]], Miguel Sangenís. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.<ref>''La Voz de Galicia'', 10-8-1947, p. 2.</ref> Viviu en [[Madrid]] con nome suposto. En [[1957]] foi novamente detido, e ao saír da prisión de [[Vigo]] en [[1958]] retornou á Coruña.
 
== Vida persoal ==
 
Casou con Rosa Fiaño Rey, que finou o 5 de febreiro de 1936, e foi pai de Félix, Purificación, Dolores, Francisco, Alfredo, Isolina, Jaime e Roberto Álvarez Fiaño.<ref>''La Voz de Galicia'', 6-2-1936, p. 2.</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref|02}}
Liña 14 ⟶ 13:
=== Bibliografía ===
*{{Cita libro |título= O anarquismo na Galiza|nome= Eliseo|apelidos= Fernández|ligazónautor= Eliseo Fernández Fernández|autor2= [[Dionisio Pereira|Pereira, Dionisio]]|ano= 2004|editor= Positivas|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-87783-79-1|páxinas= 22-23}}
=== Bibliografía ===
 
=== Bibliografía ===
* {{Nomes Voces|8870}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Alvarez Arganzua, Felix}}
[[Categoría:Personalidades do anarquismo de Galicia]]
 
[[Categoría:Sindicalistas da CRG]]
 
[[Categoría:Represaliados polo franquismo]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]