Manuel Lesteiro López: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Liña 8:
 
== Traxectoria ==
Filla de [[Manuel Lesteiro Martínez]] e Ramona López Franco. Iniciouse na taquigrafía como discípulo do calígrafo [[Luciano Rodríguez Requena]] en [[1920]], segundo o método martiniano, e especializouse no sistema Pitman baixo a tutela do mestre [[Benjamín T. Rodríguez]], graduándose como taquígrafo bilingüe español-inglés pola [[Escola Politécnica Nacional da Habana]] en [[1925]]. Nos anos seguintes licenciouse en Filosofía e Letras, Sección de Historia, pola [[Universidade de Santiago de Compostela|Universidade de Santiago]] en apenas tres sesións de exames, e titulouse como Profesor Mercantil pola Escola Profesional de Comercio da [[Universidade da Coruña]], e como Mestre Nacional do Grao Profesional pola [[Escola de Maxisterio de Pontevedra]], compaxinando deste xeito as súas principais vocacións: a escritura, a lingüística, a historia, a docencia e o cálculo matemático.<ref name="Taquideografía">{{cita libro |apelidos=Lesteiro |nome=Manuel |título=Taquideografía. Curso completo autodidáctico |lingua=español |ano=1952 |editor=Imp. C. Peón |localización=Pontevedra |páxina=IV}}</ref>
 
A súa precocidade nesta última xa o levara por recomendación dos seus profesores, moito antes de cursar estudos de especialización, a facerse cargo da contabilidade da sucursal de Pontevedra do [[Banco de Vigo]] entre [[1922]] e [[1923]], con apenas catorce anos. En [[1929]] puxo en marcha a primeira oficina do Padroádego Nacional de Turismo de Pontevedra, en tándem con [[Xosé Filgueira Valverde]].<ref name="Gran Enciclopedia Gallega">{{cita enciclopedia|apelidos-editor=Cañada|nome-editor=Silverio|ligazón-editor=Silverio Cañada|título=Lesteiro López, Manuel|enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Gallega]] |lingua=es|ano=1974 |volume=XIX |páxina=45}}</ref> Pouco despois, por oposición, obtivo a cátedra de profesor de Taquigrafía e Mecanografía, ademais de adxunto de Historia e Inglés, e accedeu como Xefe de Negociado ao [[Ministerio de Obras Públicas de España|Ministerio de Obras Públicas]], para o que en [[1950]] chegou a trazar, calcular e redatar el só o 90% dos proxectos de validación de transportes de toda a provincia.<ref name="Centenario de Faro de Vigo">{{Cita publicación periódica |apelidos=Lesteiro |nome=Manuel |título=La atrayente historia del nacimiento y evolución de la escritura |ano=1953 |revista=Faro de Vigo. Número especial conmemorativo del centenario (1853-1953) |páxina=207}}</ref> Foi namentres copropietario do [[Café Savoy (Pontevedra)|Café Savoy]], un dos principais centros de faladoiro intelectual da cidade,<ref>{{cita libro |apelidos=Torre |nome=Rafael L. |título=Pontevedra, de vuelta y media |lingua=español |ano=2013 |editor=Tekla |localización=Pontevedra |isbn=978-84-616-7550-0 |páxina=218}}</ref> e continuou cultivando a súa vocación políglota de forma autodidacta: ás linguas maternas ([[lingua española|español]] e [[lingua galega|galego]]) e ás adquiridas na infancia e como estudante ([[lingua inglesa|inglés]], [[lingua francesa|francés]], [[latín]], [[grego antigo|grego]]) engadiu máis tarde o [[lingua alemá|alemán]] e o [[lingua portuguesa|portugués]], e despois, con máis de oitenta anos de idade, engadiría tamén o [[lingua italiana|italiano]].<ref>{{cita novas|título=Fallece a los 91 años el lingüista Manuel Lesteiro |xornal=[[Diario de Pontevedra]] |data=17 de novembro de 1999 |páxina=47 |lingua=es}}</ref>