Diferenzas entre revisións de «Esfinxe»

m
Reemplazos con Replacer: «de de»
(corrixo)
m (Reemplazos con Replacer: «de de»)
 
Na [[mitoloxía grega]], a '''Esfinxe''' ({{Audio|Gl-esfinxe.ogg|pronunciación}}) (en [[grego antigo]] Σφίγξ, quizais de σφίγγω, ‘estrangular’) era un monstro feminino ó que se lle outorgaba rostro de muller, peito, patas, e rabo de león, e ademais tiña ás de ave rapina.
 
Supónse que en certas versións é filla de [[Equidna (mitoloxía)|Equidna]] (víbora con corpo de muller, pero con rabo de de serpe en lugar de pernas) e de [[Ortro]] (can de varias cabezas); outros fano fillo de [[Tifón (mitoloxía)|Tifón]], e outros do rei de [[Tebas, Grecia|Tebas]] (pai de Edipo).
 
[[Hera]] envía á Esfinxe a Tebas para castigar á cidade polo amor culpable que sentía [[Laio]] por [[Crisipo]], fillo de [[Pélope]] (críase que foi a primeira relación homosexual). Así a esfinxe guareceuse nas montañas ó oeste de Tebas, e desde alí devoraba a todos os seres humanos que estiveran ó seu pé, atormentando ó país.