Lente gravitacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «de de»
Liña 7:
As lentes gravitacionais foron previstas pola teoría da [[relatividade xeral]] de [[Albert Einstein|Einstein]]. No ano [[1919]] púidose probar a exactitude da predición. Durante unha [[eclipse solar]] o [[astrónomo]] [[Arthur Eddington]] observou como se dobraba a traxectoria da luz proveniente de estrelas distantes ao pasar preto da masa [[sol]]ar, producindo un desprazamento aparente da posición da estrela no ceo. Asemade, as lentes gravitacionais poden producir varias imaxes dun mesmo obxecto en posicións aparentes diferentes, ou un halo. Os eventos ou fenómenos de lentes gravitacionais pódense utilizar para detectar a presenza de obxectos masivos invisíbeis, como [[burato negro|buratos negros]] e tamén de planetas extrasolares. Asemade, están a ser empregadas para o estudo da concentración de [[materia escura]].<ref>{{Cita web|título=A powerful new tool to study the cosmos|url=https://www.symmetrymagazine.org/article/a-powerful-new-tool-to-study-the-cosmos|páxina-web=symmetry magazine|data-acceso=2020-11-09|lingua=en|nome=Nathan|apelidos=Collins}}</ref>
 
Os eventos de de lente gravitacional clasifícanse en tres grupos:
# '''Lente gravitacional forte''': distorsións facilmente visibles: aneis e cruces de Einstein, arcos e múltiples imaxes.
# '''Lente gravitacional débil''': distorsión débil dos obxectos de fondo, pódese detectar unicamente analizando un gran número de imaxes dos obxectos de fondo.