Señorío de Villena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Reemplazos con Replacer: «con con»
Liña 1:
[[Ficheiro:Blasón de los Manuel.jpg|miniatura|250px|Escudo de Armas dos Manuel.]]
[[Ficheiro:Señorío de Villena en 1340.png|miniatura|255px|Extensión do Señorío de Villena en tempos de [[don Juan Manuel]], por [[1340]].]]
A base territorial do '''señorío de [[Villena]]''' estendeuse por unha ampla comarca limitada polo norte co alfoz da Cidade de [[Cuenca, España|Cuenca]] e polo sur co termo da Cidade de [[Murcia]]. Este territorio estruturouse fundamentalmente en dous centros políticos: a Terra de [[Alarcón]], ao norte, e a Terra de [[Chinchilla de Monte-Aragón|Chinchilla]], ao sur. E, arredor deles, agrupáronse outras vilas con con extensións máis reducidas, entre elas, [[Iniesta]], a Terra de [[Jorquera]], [[Hellín]], [[Tobarra]], [[Almansa, Albacete|Almansa]], [[Yecla]], [[Sax, Alacant|Sax]] e [[Villena]], que, a pesar de conferirlle o nome ao señorío, ocupou unha situación periférica respecto a todo o conxunto. O señorío experimentou durante a súa duración cambios conxunturais externos, debido a anexión temporal dalgunha poboación próxima, como o caso de [[Villarrobledo]], [[Lezuza]], [[Munera]], [[Jumilla]] ou [[Utiel]] no [[século XV]], ou tamén polas perdas doutras Vilas.
 
Este conxunto señorial ten unha dobre orixe histórica, por un lado as poboacións da Terra de [[Jorquera]], [[Hellín]], [[Villa de Ves|Ves]], [[Tobarra]], [[Almansa, Albacete|Almansa]], [[Yecla]], [[Sax, Alacant|Sax]] e [[Villena]], pertenceron ao infante [[Manuel de Castela]] no [[século XIII]], unidas a outras vilas alacantinas, de aí o de denominar este territorio ''Terra de don Manuel''. Por outro lado, o sector norte, a ''Terra de [[Alarcón]]'' e [[Iniesta]], pertenceu ao reguengo durante o [[século XII]] e [[século XIII|XIII]], sendo incorporado ao señorío de Villena polo referido infante.