Institución Libre de Enseñanza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 5433405 de MAGHOI (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 10:
 
===Reformas===
A institución impulsou importantes reformas no terreo xurídico, educativo e social, así como a creación de institucións como o Museo Pedagóxico ou a [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] (da que dependeron o Centro de Estudios Históricos, o Instituto Nacional de Ciencias Físico-Naturales ou a [[Residencia de Estudiantes]]). Estas entidades desenvolveron entre [[1907]] e [[1936]] intentos de reforma científica e educativa, con iniciativas como o El [[Instituto Escuela]], as pensións para ampliación de estudos (no estranxeiro), as colonias escolares de vacacións, a Universidade Internacional de verán ou as misións pedagóxicas, que tiveron lugar na [[Segunda República Española|Segunda República]].
 
O [[14 de xuño]] de [[1916]], un ano despois da súa morte, creouse a Fundación Francisco Giner de los Ríos como entidade reitora e continuadora da súa labor. De 1916 a 1936 publícanse as Obras Completas de Giner. A derrota da República desencadeou a prohibición da ILE, a confiscación dos bens, un longo paréntese da súa actividade en España, aínda que se mantivo no exterior polos participantes exiliados.