Diferenzas entre revisións de «Liña Ribadeo - Vilaoudriz»

m
→‎Historia: supresión de varios puntos en números
(ligazón a nome de imaxe de Commons)
m (→‎Historia: supresión de varios puntos en números)
 
A finais de setembro de [[1939]] a empresa suspendeu de novo a circulación de trens xa que os depósitos de Ribadeo estaban cheos ao non poder embarcarse material. A paralización durou 199 días (a máis duradeira da liña), e o servizo retomouse en abril de [[1940]].<ref name="GomezMartinez"/> A partir de entón o tráfico continuou sendo escaso e limitouse a mineral calcinado e travesas para a reparación da vía. Amais, en outubro de 1940 circularon trens para o transporte dun [[guindastre]] e outros materiais que devolveron á vía sete vagóns que caeran ao río Eo en 1937.<ref>{{cita publicación |título= Memoria de la SMV correspondiente al año 1940 |publicación= |lugar-publicación= |editorial= |data-publicación= 1940 |número-autores= }}</ref> O 15 de xuño de [[1942]] a Dirección Xeral de Ferrocarrís permitiu de novo o tráfico de viaxeiros, unha vez inspeccionadas as melloras que se levaran a cabo nas infraestruturas. Estes trens circularían os mércores, sábados e domingos, días de [[feira]] nalgunhas vilas da contorna.<ref name="GomezMartinez"/>
 
O 10 de outubro de [[1946]] aprobouse a Regulamentación Nacional do Traballo, que aumentaba os salarios dos traballadores. Isto supuxo un aumento no déficit da empresa, pasando de 41. 364 pesetas en 1946 a 775. 232,91 en 1951 e 1. 146. 488,30 en [[1958]].<ref>Varios documentos relativos á Sociedad Minera de Villaodriz. Arquivo particular de César Mohedas</ref> Nesta época a liña estivo interrompida en varias ocasións por mor do mal estado do material móbil e polas obras de construción do ferrocarril de Ferrol a Xixón. En [[1952]] a División Inspectora e Interventora das Compañías de Ferrocarrís de Vía Estreita aconsellou rescindir o contrato de concesión que tiña a empresa, mais non se chegou a levar a cabo.
 
Os tráficos de mineral eran moi escasos, chegando a ser nulos en [[1956]]. A media de mercadorías transportadas en [[1955]], [[1957]] e [[1958]] foi de 3.109 toneladas, o que representaba unha media de 8 toneladas diarias. Xa que logo, e tendo en conta a mala situación das infraestruturas, o enxeñeiro encargado da explotación informou o 26 de outubro de [[1959]] que se dispuña por Decreto a resolución do contrato de concesión do ferrocarril e o levantamento do mesmo ao amparo do disposto no artigo 41 da Lei de 21 de abril de 1949.<ref>Varios documentos relativos á clausura do ferrocarril de Vilaoudriz a Ribadeo. Arquivo particular de César Mohedas.</ref> O último tren circulou o 24 de agosto de [[1964]]. O 15 de xaneiro de [[1965]] Explotación de Ferrocarriles por el Estado fíxose cargo da liña para o seu desmantelamento, se ben o traspaso oficial non tivo lugar até trece días despois.
15.300

edicións