Parque Xurásico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Etiquetas: Revertida edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 27:
'''''Parque Xurásico''''' (en {{lang-en|Jurassic Park}}) é un filme de [[1993]], dirixido por [[Steven Spielberg]] e con [[Guión (arte)|guión]] baseado no [[Jurassic Park (novela)|libro homónimo]] de [[Michael Crichton]]. É o primeiro filme da franquía ''Jurassic Park'', e o guión foi escrito entre Crichton e [[David Koepp]]. O filme está ambientado na illa ficticia de [[Illa Nublar|Nublar]], localizada na costa pacífica de [[América Central]], preto de [[Costa Rica]], onde un filántropo billonario e o seu equipo de científicos xenetistas crearon un parque temático de [[dinosauro]]s [[clonación|clonados]].
 
Antes de que a novela de Crichton fose publicada, catro estudios de cine fixeron propostas polos dereitos do filme. Co apoio de [[Universal Studios]], Spielberg conseguiu os dereitos por $1,5 millóns antes da súa publicación en 1990, e Crichton foi contratado por $500 000 adicionais para adaptar a novela á pantalla. Koepp escribiu o borrador final, eliminando contidos e violencia da novela e facendo numerosos cambios nas personaxes. A rodaxe tivo lugar en CaliforniaCalifórnia e Hawaii entre agosto e novembro de 1992, e o traballo de [[posprodución]] durou até maio de 1993, sendo supervisado por Spielberg en Polonia mentres rodaba ''[[A lista de Schindler]]''. Os dinosauros foron creados por unha innovadora tecnoloxía de [[Imaxe xerada por computador|xeración de imaxes por ordenador]] de [[Industrial Light & Magic]], e grazas a dinosauros [[animatrónica|animatrónicos]] construídos polo equipo de [[Stan Winston]]. Para o deseño de son do filme, que inclúe unha mestura de diferentes sons de animais para os ruxidos de dinosauros, Spielberg investiu na creación de [[DTS (sistema de son)|DTS]] , unha empresa especializada en formatos de son dixitais.
 
Contanto cunha xigantesca campaña de mercadotecnia de $65 millóns, que incluía acordos con máis de 100 compañías, ''Parque Xurásico'' recadou máis de $900 millóns en todo o mundo na súa estrea, converténdose no filme con maior recadación até aquela data, un récord que mantivo até 1997, coa estrea de ''[[Titanic (filme)|Titanic]]''. Foi moi ben acollido pola crítica, que louvou os seus efectos especiais, a música de [[John Williams]] e a dirección de Spielberg. Despois da súa re-estrea no 2013 en versión [[Cine 3D|3D]] co gallo do seu 20 aniversario, ''Parque Xurásico'' converteuse no filme número 17 en superar a recadación de máis de $1000 millóns, e situouse entre os 20 filmes con maior recadación da historia. Conseguiu máis de 20 premios (incluíndo 3 [[Premios Óscar]]), a maioría deles técnicos. O seu éxito motivou tres secuelas, ''[[The Lost World: Jurassic Park]]'' (1997), ''[[Jurassic Park III]]'' (2001) e ''[[Jurassic World]]'' (2015). Unha quinta entrega da franquía, ''[[Jurassic World: Fallen Kingdom]]'' foi estreada en 2018.