Diferenzas entre revisións de «Roldán»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
 
Esta personaxe estivo arrodeada dende hai séculos por unha aura mitolóxica. Por iso, pódense atopar entre [[Roncesvales]] e Mezkiritz os "pasos de Roldán", na costa fronte a Hendaia as "rochas de Roldán", a "[[Brecha de Roldán]]", abertura pétrea no [[Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido]], ou o denominado «Pierrondán», suposta pegada do pé de Roldán en [[Fuencalderas]] ([[Aragón]]).<ref name="Possat 2002">José Arbués Possat. ''Guía de excursiones por el Monte de Fuencalderas'', editado pola asociación de veciños «Liso» en colaboración coa Deputación Provincial de Zaragoza e o concello de Fuencalderas, 2002.</ref> Tamén no Parque Natural de la Sierra y Cañones de Guara, no pre-Pireneo oscense, está o [[salto de Roldán]], dúas penas que segundo a lenda Roldán tivo que saltar para escapar dos seus perseguidores no seu regreso a Francia, morrendo o cabalo na xesta e tendo que continuar a pé, ata chegar a Ordesa.
 
=== En Galiza ===
[[Ficheiro:Pisada de Roldan, Cambás, Aranga.jpg|miniatura|Pisada de Roldán en [[Cambás, Aranga|Cambás]].]]
En [[Galiza]], Roldán ten unha gran difusión popular e é recolleito no ''[[Dicionario dos seres míticos galegos]]''.
 
Na parroquia de [[Cambás, Aranga|Cambás]] ([[Aranga]]) existe un afloramento rochoso onda a ermida de San Vitorio que ten gravada unha gran pegada, a cal recibe o nome de Pisada de Roldán. Cóntase que a deixou ao baixar do cabalo naquel lugar sagrado. Outra versión di que pisou no penedo e achancou até [[Os Vilares, Guitiriz|Os Vilares]] ([[Guitiriz]]), onde habería outra pegada semellante.<ref>{{Cita publicación periódica |nome1=Xosé María |apelidos1={{versaleta|Veiga Ferreira}} |nome2=Juan |apelidos2={{versaleta|Sobrino Ceballos}} |ano=2001 |título=As mámoas de Galiñeiro: Da ermida da Ascensión (Monfero) á de San Vitorio (Cambás) |revista=[[A Xanela]]. Revista cultural das Mariñas |número=12 |páxinas=13-15, en 13 |localización=[[Betanzos]] |url=https://hemeroteca.betanzos.net/A%20Xanela/xanela%2012.pdf}}</ref>{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=69}} Precisamente nesta parroquia guitiricense, no lugar da [[A Reboira, Os Vilares, Guitiriz|Reboira]], existe tamén a Pena de Roldán. Segundo a tradición, Roldán fixo varios cortes na rocha, deixou as pegadas do cabalo no alto e a súa voz pódese ouvir cara á noitiña.<ref>{{Cita web |url=https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/03/pena-roldan-guitiriz.html |título=Pena Roldán, Guitiriz |nome=Alberto |apelidos={{Versaleta|García Roldán}} |data=marzo de 2020 |páxina-web=Galicia Pueblo a Pueblo}}</ref>{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=72}} As pegadas do cabalo rexístranse tamén en [[Comarca de Valdeorras|Valdeorras]], no penedo dunha montaña. O lugar foi denominado o Salto de Roldán, pois dise que ficaron marcadas ao saltar até alí desde o cumio doutra montaña.{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=73}} Igualmente, as pegadas do cabalo de Roldán e mais o prodixioso salto aparecen varias veces no concello de [[Ribeira]]. Figuran nunha pena do [[castro do Monte da Cidá]], xustamente desde onde se menciona que dun pulo se plantou nas Pedras da Lagoa, na [[lagoa de Carregal]], onde volven aparecer. Desde alí atravesou doutro chimpo a baía de [[Corrubedo, Ribeira|Corrubedo]] para deixar de novo as súas marcas no conxunto rochoso chamado Outeiro de Santiago. No entanto, nos dous últimos casos a referencia é ao cabalo do [[Apóstolo Santiago]].<ref>{{Cita web |url=https://cabocorrubedo.com/2016/09/18/corrubedo-origen-misterio/ |título=Corrubedo: un misterio de 9 letras |data=18 de setembro de 2016 |páxina-web=Cabo Corrubedo |lingua=es}}</ref>{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=72}} Ás pegadas do cabalo de Santiago alúdese noutros casos como o do cumio da Moa, no [[monte Pindo]].{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=72}}
 
No [[O Barco de Valdeorras|Barco de Valdeorras]] hai unha lenda na cal Roldán deu co seu cabalo un enorme chimpo para saltar un caudaloso río e chegar ao castelo en que uns mouros tiñan capturadas tres princesas. Os mouros fuxiron mais converteron as princesas en tres grandes penedos de [[Cuarzo|seixo]] branco que aínda perduran.{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=71}} Unha variante desta lenda fálanos de que no lugar de Puxares ([[Vilanuíde, Quiroga|Vilanuíde]], [[Quiroga]]) había tres irmás costureiras moi fermosas das cales se namorou Roldán. Ao querer este levalas para Francia, dixéronlle que iso ocorrería cando o [[río Xares]] lles pasase por diante da casa, cousa que aconteceu ao día seguinte, polo que as irmás fuxiron cara a Valdeorras. Alcanzadas en [[Valencia do Sil]] pediron a axuda do demo: «Antes pedras de seixo ca escravas de Roldán!».{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=71}} Noutras versións, atribuídas ás veces ao Apóstolo Santiago, saltou co cabalo o [[río Sil]] por faceren burla del dúas lavandeiras, as cales ficaron tornadas nas dúas penas brancas que se poden ver nalquel lugar;{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=72}} ou transformou en pedra dúas mouras que perseguía por non se deteren.{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=71}}
 
A importancia da figura de Roldán é constatada polo feito de que no [[século XVI]] o cabido da [[Catedral de Santiago de Compostela|catedral compostelá]], alén de celebrar misas por Carlomagno, penduraba perante o altar mor, entre outros trofeos, o «corno ou [[olifante]] de Roldán».{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=71}} Alén disto, até mediados do [[século XX]] no lugar de [[Nerga, O Hío, Cangas|Nerga]] ([[Comarca do Morrazo|O Morrazo]]) disfrazáronse no [[entroido]] do personaxe de Roldán.{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|pp=71-72}}
 
== Notas ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
===Bibliografía===
* {{Cita publicación periódica |nome=Fernando |apelidos={{Versaleta|Alonso Romero}} |ligazón-autor=Fernando Alonso Romero |ano=2019 |título=La ''Pisada de Roldán'' en la Serra da Loba (Aranga, A Coruña) y la huella del ''Caballo de Santiago'' en el monte Pindo (Carnota, A Coruña) |revista=[[Anuario Brigantino]] |número=42 |páxinas=67-98 |editorial=[[Betanzos|Concello de Betanzos]] |issn=1130-7625 |url=http://anuariobrigantino.betanzos.net/AB2019PDF/067-098_alonso_pisada%20de%20roldan_caballo%20de%20santiago_pindo_anuario_brigantino_2019b.pdf |lingua=es |ref=harv}}
 
=== Outros artigos ===
*[[Cantar de xesta]]
7.016

edicións