Bacteria gramnegativa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Unha '''bacteria gramnegativa'''<ref name=busca>{{Cita web|url=https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#71404071|páxina-web=bUSCatermos|título=Bacteria|data-acceso=25 de agosto de 2016}}</ref> é unha bacteria que non se tingue de violeta ou azul escuro coa [[tinguidura de Gram]]. Isto débese a que, pola estrutura da súa parede, non retén o colorante [[cristal violeta]] que se usa en dita tinguidura ao lavala nunha solución decolorante.<ref name=Baron>{{Cita libro | author = Salton MRJ , Kim KS | title = Structure. ''in:'' Baron's Medical Microbiology ''(Baron S ''et al.'', eds.)| edition = 4th | publisher = Univ of Texas Medical Branch | year = 1996 | url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed.section.289 | isbn = 0-9631172-1-1}}</ref> Xeralmente, na tinguidura de Gram, despois de aplicar o cristal violeta, aplícase un segundo colorante de contraste ([[safranina]] ou [[fucsina]]), que tingue as bacterias gramnegativas de rosa ou vermello ; en caso de que non se aplique o colorante de contraste as bacterias gramnegativas quedarían pálidas (a diferenza das [[Bacteria grampositiva|grampositivas]], que quedarían violetas). Esta proba é moi útil na clasificación das bacterias segundo o seu tipo de [[parede celular]].
 
Na literatura internacional a ortografía deste termo foi vacilante, aparecendo escrito separado ou unido con guión ou completamente fusionado, con maiúscula e con minúscula. En galego recoméndase preferentemente a forma '''gramnegativa'''<ref name=busca/> e hai referencias tamén de '''Gram-negativa'''.<ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Páxina 71 (tomo 10). ISBN 84-7680-298-6</ref> e '''gram-negativa'''.<ref>{{DiGalego|33028|gram-negativo}}</ref>
 
A capacidade patoxénica das bacterias gramnegativas está normalmente asociada con certos compoñentes da envoltura gramnegativa, en particular, a capa de [[lipopolisacárido]] (tamén chamado LPS ou [[endotoxina]]).<ref name=Baron /> Nos humanos o LPS desencadea unha [[resposta inmunitaria innata]] caracterizada pola produción de [[citocina]]s e a activación do [[sistema inmunitario]]. Un resultado común da acción das citocinas é a [[inflamación]], que pode producir tamén [[toxicidade]].