Estrutura interna da Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
es -> gl
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 202:
Nas primeiras fases da súa existencia, hai uns 4 500 millóns de anos, os materiais máis densos, fundidos, migrarían cara ao núcleo nun proceso chamado '''diferenciación planetaria''', mentres que outros menos densos migrarían cara á codia. Como resultado deste proceso, o núcleo está composto maioritariamente por ferro, xunto con níquel e varios elementos máis lixeiros.
 
Na investigación do núcleo da Terra, o papel das ondas sísmicas foi decisivo. Cando falamos destas xa mencionaramos que as ondas S non atravesaban o núcleo, polo que os xeólogos consideraban que este era "líquido" ou, máis ben, constituído por materiais carentes de [[rixidez]]. Hai unha ''[[zona de sombra sísmica|zona de sombra]]'' total para as ondas S comprendida entre os 103° de ambos os hemisferios, que marca o límite da chegada das ondas directas, tanto S como P; con este dato é posíbel situar, aos 29 000 km de profundidade, o límite externo do núcleo (descontinuidade de Gutemberg). Tamén vimos que as ondas P, que si atravesan o núcleo, a partir dos 5 100 km de profundidade (ou sexa, a partir dos 2 200 km do comezo do núcleo), aumentaban a súa velocidade, como se confirma polo aumento de velocidade que se observa nas que atravesan a parte máis central do planeta, do que os científicos concluíron que o núcleo interno era sólido. A separación entre este e o núcleo externo denomínase [[descontinuidade de Lehmann]] ou de Wiechert-Lehmann.
 
Na fronteira entre manto e núcleo, o paso desde unha fase sólida plástica á unha líquida fai diminuír bruscamente a velocidade das ondas P até valores próximos aos 8 km/s. A partir deste punto, a velocidade aumenta cara ao interior, estabilizándose en algo máis de 11 km/s nos 5 150 km, xusto no límite do núcleo interno (descontinuidade de Lehman).