Zona de sombra sísmica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Unha '''zona de sombra sísmica''' é unha área da superficie da [[Terra]] na cal os [[sismógrafo]]s só poden detectar un [[terremoto]]<ref>{{Cite web|url=http://www.astronomynotes.com/solarsys/s8.htm|title=Planet Interiors}}</ref> despois de que as súas [[onda sísmica|ondas sísmicas]] atravesaron a Terra. Cando se produce un terremtoo, as ondas sísmicas irradian de forma esférica desde o seu [[hipocentro|foco]]. As [[onda P|ondas sísmicas primarias]] (P) orixinadas polo terremoto son [[Refracción|refractadas]] fortemente polo [[núcleo externo]] fundido da Terra, o que fai que non se detecten entre os 104° e 140° (aproximadamente entre os 11&nbsp;570 e os 15&nbsp;570 km) medidos desde o [[epicentro]] do terremoto. Aínda que as ondas P sofren unha forte caída da súa velocidade e refracción, poden propagarse dentro do núcleo externo. Ao contrario, as [[onda S|ondas sísmicas secundarias]] (S) non poden pasar a través do núcleo externo líquido da Terra e non se detectan a máis de 104° (aproximadamente aos 11&nbsp;570 km) desde o epicentro.<ref name="USGS Glossary">{{cite web|url=https://earthquake.usgs.gov/learn/glossary/?termID=170&alpha=S |title=Earthquake Glossary - shadow zone |publisher=[[USGS]] |accessdate=May 8, 2011}}</ref><ref name="UoW">{{cite web|url=http://www2.warwick.ac.uk/fac/sci/physics/teach/module_home/px266/diag/shad/ |title=PX266 Geophysics - Extra Material - Seismic shadow zones |publisher=[[University of Warwick]] |accessdate=May 8, 2011}}</ref>
 
A razón deste comportamento é que as ondas P e S están gobernadas polas diferentes propiedades do meterial polo que se propagan e por distintas relacións matemáticas. As tres propiedades que inflúen son: [[Compresibilidade|incompresibilidade]] (<math>k</math>), [[densidade]] (<math>p</math>) e [[rixidez]] (<math>u</math>). A velocidade das ondas P é igual a <math>\sqrt{(k+\tfrac{4}{3}u)/p}</math>, mentres que a das S é igual a <math>\sqrt{(u/p)}</math>, polo que a velocidade das ondas S depende totalmente da rixidez do material que atravesa. Os líquidos teñen rixidez cero, o que fai que a velocidade das ondas S sexa cero e, por tanto, non se poidan propagar. Porén, as ondas P só dependen parcialmente da rixidez e manteñen algo de velocidade (aínda que se reduce moito) cando atravesan líquidos.<ref>{{Cite document|last1=Armstrong, |first1=D.; |last2=Mugglestone, |first2=F.; |last3=Richards, |first3=R.; |last4=Stratton, |first4=F. |title=(2008). "OCR AS and A2 Geology". |publisher=[[Pearson Education]]: |pages=14 |year=2008}}.</ref> As análises sismolóxicas dos rexistros de diversos terremotos e das súas zonas de sombra levaron ao [[xeólogo]] [[Richard Dixon Oldham|Richard Oldham]] a deducir en 1906 a natureza líquida do núcleo externo terrestre.<ref>{{cite journal |last=Bragg |first=William |year=1936 |title=Tribute to Deceased Fellows of the Royal Society |journal=Science |publisher=American Association for the Advancement of Science |volume=84 |issue=2190 |pages=539–46 |issn=0036-8075 | doi = 10.1126/science.84.2190.539 | bibcode = 1936Sci....84..539B |pmid=17834950}}</ref>
 
== Véxase tamén ==