Wikipedia:A Taberna (propostas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
:Paréceme boa idea, habería que ver a que nome se lle dá preferencia, ou se optamos por empregar o criterio da primeira persoa que editou o artigo. Un saúdo e grazas pola proposta. [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 25 de marzo de 2021 ás 06:53 (UTC)
 
::Os nomes comúns en galego usados de forma xeral poden ser problemáticos porque non están todos ben establecidos nos vocabularios, dicionarios e uso en traballos zoolóxicos. Moitas veces é máis seguro usar polo momento o nome científico. Noutros casos hai varios nomes comúns, ás veces toda unha colección deles e en ocasións algúns deses nomes teñen ambigüidade porque se lle dá ese nome tamén a outra especie. Ademais, a consolidación do nome vai pasando por varias fases, e nomes comúns propostos en primeiro lugar son ás veces substituídos definitivamente por outros ben establecidos, que son "os que van quedar" (usados no DRAG ou en publicacións máis modernas ou en bases de datos internacionais, como Avibase) e o nome antigo xa non é o máis recomendable, polo que o criterio do primeiro editor non sempre é o máis axeitado. Por exemplo, xa non se usa "corvo viaraz", que apareceu hai anos nunha guía de aves reputada. Eu creo que é mellor facer o que faciamos ata agora: poñer o nome común sempre que estea ben referenciado e o nome científico como redirección e, cando non é así, poñer como título o nome científico. No texto dos artigos xa se explica os nomes que se lle dan ou os nomes que ten que son coincidentes na literatura internacional e, en calquera caso, o nome científico xa aparece ben visible ao principio do artigo na caixa de datos de taxon. Nesa caixa de datos poderían poñerse os dous nomes (do que é partidario, por exemplo, Xoio). Pero poñer no título da páxina nomes dobres ou triplos non me parece o mellor. E despois, como se fan as ligazóns? A todo o título dobre? Non sería económico. Son mellores as redireccións.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 10 de xuño de 2021 ás 17:14 (UTC)
 
== Categorías ==