Diferenzas entre revisións de «Festival de Eurovisión 2015»

→‎Identidade visual: Engadida ligazón interna
m (Reemplazos con Replacer: «escribeu»)
(→‎Identidade visual: Engadida ligazón interna)
Ademais do redeseño do logotipo xenérico, como é tradición creouse unha identidade visual específica para a edición do 2015, a cal se deu a coñecer o 25 de novembro de 2014. A imaxe, que reforza o slogan ''Building Bridges'', interpreta o motivo dunha ponte "nunha linguaxe visual de conexións e encontros que se forman unha e outra vez". A identidade gráfica mostra unha multitude de esferas dispostas en forma de liña ondulada coa intención de simbolizar o "estar unidos, así como a diversidade". A infografía, a decoración e o merchandising, entre outros aspectos, xiran en torno a este concepto artístico. O deseño do escenario estivo a cargo do escenógrafo alemán [[Florian Wieder]], quen xa estivera detrás da creación dos escenarios das edicións do festival de [[Festival de Eurovisión 2011|Düsseldorf 2011]] e [[Festival de Eurovisión 2012|Bakú 2012]], así como de varias galas de premios da [[MTV]] ou de [[The X Factor]], entre outros traballos. Segundo as palabras da directora de televisión da ORF, Kathrin Zechner, "o escenario representa unha ponte entre o pasado, o presente e o futuro".
 
O escenario consistiu nunha plataforma principal circular con chan de [[pantalla LED]], rodeada de 1. 288 piares individuais de iluminación LED, creando un portal en forma de ollo, e de fondo tamén unha gran pantalla LED de 22 metros de ancho e 8,5 metros de altura. Por último, tal como ocorreu nas edicións de [[Festival de Eurovisión 2012|2012]] e [[Festival de Eurovisión 2014|2014]], a denominada Green Room (o lugar onde os artistas esperan os resultados tras a súa actuación) estivo situada no medio do recinto.
 
Durante o festival, cada actuación estivo precedida por un breve vídeo de introdución (coñecido como ''postcard'') centrado no artista. Os vídeos mostraron primeiro aos artistas nos seus respectivos países recibindo unha invitación para viaxar a Austria, e logo desempeñando unha actividade nunha das rexións de Austria.
11.525

edicións