Diferenzas entre revisións de «Metodoloxía (ciencia)»

m (→‎Outros artigos: Arranxos varios + cda)
A diferenza do que sucede co [[Epistemoloxía|epistemólogo]], o metodólogo non pon en cuestión o coñecemento xa obtido e aceptado pola Comunidade científica. O seu problema céntrase na procura de estratexias válidas para incrementar o coñecemento.
 
Por iso, a metodoloxía entenderase aquí como a parte do proceso de investigación (Método Científico), que segue á [[propedéutica]], e permite sistematizar os métodos e as técnicas necesarias para levala a cabo. "Os métodos -di Martínez Miguélez (1999)- son vías que facilitan o descubrimento de coñecementos seguros e confiables para solucionar os problemas que a vida nos expón".
 
A metodoloxía, como etapa específica que dimana dunha posición teórica e epistemolóxica, dá pé á selección de técnicas concretas de investigación <ref>Gamaliel López I, 1986:47</ref>. A postura filosófica acerca da ciencia da que parte o investigador, orientará a súa elección metodolóxica, é dicir, guiarao á hora de resolver: como investigar o problema de investigación, con bases racionalistas, empiristas, pragmáticas, construtivistas, cun sentido crítico, escéptico ou dogmático, cun enfoque positivista ou dialéctico hermenéutico, é o suxeito un ente pasivo ou construtor do coñecemento?'''
Usuario anónimo