Michel Ney: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13:
Logo do triunfo da [[Revolución francesa|Revolución]], Ney serviu no Exército do Norte entre 1792-94, co que participou na [[batalla de Valmy]] e na [[batalla de Neerwinden]] (1793), así como noutros encontros bélicos. Ney foi transferido ao departamento de Sambre e Mosa ([[Sambre-et-Meuse]]) en xuño de 1794, sendo ferido no asedio de [[Maguncia]]. Dous anos despois foi ascendido a xeneral de brigada (agosto de 1796), pasando a mandar unidades de cabalería nas frontes alemás.
 
O [[17 de abril]] de [[1797]], Ney conduciu unha carga de cabalería contra lanceiros austríacos que tentaban apoderarse de canóns franceses, rexeitándoos, mais sufrindo logo un contraataque austríaco; no transcurso do combate Ney foi derrubado da súa cabalgadura e foi feito prisioneiro. No 8 de maio seguinte, Ney foi trocado por un xeneral austríaco cativo a súa vez dos franceses.
 
Logo da toma de [[Mannheim]], Ney foi ascendido a xeneral de división en marzo de 1799. A finais de 1799 Ney estivo ao mando da cabalería nos exércitos que actuaban en [[Suíza]] e o [[Río Danubio|Danubio]], sendo ferido nunha coxa e nun pulso en Winterthur; mais antes aínda de recuperarse combateu na batalla de [[Batalla of Hohenlinden (1800)|Hohenlinden]], so as ordes do [[Jean Victor Marie Moreau|xeneral Moreau]] en decembro de 1800. Desde o mes de setembro de 1802 Ney pasou a mandar tropas en Suíza, cumprindo á par labores diplomáticas. O 19 de maio de 1804 Ney recibiu o seu bastón como mariscal do Imperio, que era o título napoleónico equivalente ao anterior de mariscal de Francia.
Liña 21:
Na campaña de 1805 Ney tomou o mando do VI Corpo da [[Grande Armée]], sendo louvado polo seu comportamento na [[Batalla de Elchingen]]. En novembro de 1805 Ney invadiu o [[Rexión de Tirol|Tirol]], capturando [[Innsbruck]], que defendía o arquiduque [[Xoán de Habsburgo-Lorena|Xoán de Austria]].
 
Na campaña de 1806 Ney combateu en [[Batalla de Jena-Auerstedt|Jena]], ocupando logodespois [[Erfurt]]. Máis tardentarde Ney cercou e rendeu [[Magdeburgo]].
 
Na campaña de 1807 Ney foi quen de acudir con reforzos a tempo para evitar que Napoleón fose derrotado en [[Batalla de Eylau|Eylau]], aínda que a batalla findou empatada. Posteriormente combatería en [[Güttstadt]], loitando na ala dereita en [[Batalla de Friedland|Friedland]].
Liña 37:
Desde [[Astorga]], atraído por outros sucesos, Napoleón deixa dúas unidades en persecución de Moore: o II Corpo a mando de [[Soult]] e o VI Corpo a cargo de Ney. Ambos os dous chegan a tempo de enfrontarse aos británicos nos arredores da Coruña: é a [[batalla de Elviña]], na que o mesmo Moore perde a vida.
Asentados os franceses na Galiza, Ney recibe ordes de controlar o norte do país e máis [[Asturias]], para o que centra o seu campamento en [[Lugo]]. En marzo de 1809, Ney tenta someter a costa occidental galega, sen conseguir acabar con ascoas partidas de guerrilleiros que acosasacosan os destacamentos franceses. A finsfinais de marzo dese ano foron recuperadas polos galegos as prazas de [[Vigo]], [[Pontevedra]] e [[Tui]], feitos que coutaban o enlace con Soult, entón en [[Portugal]].
 
En maio, Ney tivo noticias de que o [[Pedro Caro y Sureda|marqués de la Romana]] estaba en [[Asturias]], polo que decidiu buscalo alí, porén foi unha manobra errada, pois o español retirárase para Galiza. O regreso de Soult desde Portugal até [[Ourense]] foi dificultoso. Reunidos Soult e Ney deciden unha nova estratexia. Ney parte cara a Vigo con intención de recobrar a cidade, mais na batalla de [[Batalla de Ponte Sampaio|Ponte Sampaio]] entre os días 7 e 9 de xuño de 1809, as tropas francesas non poden cruzar o [[río Oitavén]], véndose obrigadas a retirarse.
Liña 66:
 
== Carácter ==
Era unha soldado impulsivo e con coraxecarraxe. Ney é coñecido por personificar as virtudes do soldado, liderando ás tropas desde a fronte. Como exemplo, mandou a carga da [[cabalería]] pesada francesa contra a [[infantería]] británica na [[Batalla de Waterloo]]. Con todo, Ney non era tan só un exaltado, senón que ademais foi un comandante con moitas capacidades, con actuacións excelentes como en Elchingen (batalla na que obtivo o seu título de duque), e atribúeselle a vitoria da [[Batalla de Friedland]] para Napoleón.
 
== Lendas ==