Friedrich Schelling: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 2:
|descrición = Friedrich Wilhelm Schelling, pintura de Joseph Karl Stieler, 1835.
}}
'''Friedrich Wilhelm Joseph von Schelling''', nado en [[Leonberg]] ([[Estado de Württemberg|Wurtemberg]]) o [[27 de xaneiro]] de [[1775]] e finado en [[Bad Ragaz]] ([[Suíza]]) o [[20 de agosto]] de [[1854]], foi un filósofo alemán, un dos máximos expoñentes do idealismo e da tendencia romántica na filosofía alemá.
 
== Traxectoria ==
Liña 9:
Aproximadamente aos oito anos comeza a aprender letras clásicas e a súa gran capacidade intelectual causa impacto nos mestres. En [[1790]] con só dezaseis anos ingresa no famoso Seminario de Tubinga. Neste seminario, tiña unha política de carácter conservador e feudal no que había un ambiente marcado pola tradición teosófica-mística que tiñas as súas bases no [[Renacemento]]. Aínda que neste centro de estudos intentaban manter un control das tendencias e ideas políticas dos mozos, estes facían lecturas a escondidas de autores que por aquela época non estaban permitidos.
 
Schelling estudou [[filosofía]] e [[teoloxía]] no seminario de Tubinga. Alí coñeceu a [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]] e [[Friedrich Hölderlin|Hölderlin]] e coma eles, tamén recibiu a influencia da [[filosofía kantiana]] e do pensamento de [[FitcheJohann Gottlieb Fichte|Fichte]]. A partir diso, foi deixando a teoloxía e centrouse máis na filosofía. Antes dos vinte anos, dise que Schelling xa tiña o seu propio sistema filosófico.
 
No ano 1792 graduouse coa tese sobre a orixe do mal humano, onde trata de encontrar unha explicación do mal e no ano 1793 realizou un traballo sobre os mitos, buscando a súa esencia e función dentro das culturas primitivas.
Liña 21:
 
== Etapas da súa filosofía ==
A primeira etapa corresponde coa súa etapa de xuventude influída por Fitche, aproximadamente polo ano 1795, neste ano publicou a obra ''Vom Ich als Princip der Philosophie oder über das Unbedingte im menschlichen Wissen''. Esta obra apareceu cando Shelling contaba con apenas 20 anos de idade e é a terceira obra publicada por este filósofo. Neste escrito, mostra a preocupación herdada dos postkantianos [[Schulze]], [[Maimon]] e [[Reinhold]] por facer realidade o soño de [[Kant]] de transformar a filosofía en ciencia, e desenvolve a pretensión de [[Johann Gottlieb Fichte|Fichte]] de reducir todo o sistema kantiano a unha única posición Eu=Eu. A tese central deste escrito sostén que o principio de toda filosofía é o Eu absoluto. Schelling concibe o Eu absoluto como liberdade, como pura actividade creadora. Seguramente este escrito foi o máis relevante desta fase inicial da súa produción filosófica.
 
A segunda etapa viría despois do ano 1796 onde mostra o seu interese pola filosofía da natureza. Foi nesta etapa na que se trasladou á [[Universidade de Leipzig]]. No ano 1800 ven o período no que expón a súa filosofía transcendental e a obra máis relevante é o ''System des transcendentalen Idealismus'' (Sistema do idealismo transcendental). Esta obra céntrase no que Schelling considera a “verdadeira” filosofía de Fitche: a construción completa do eu, da subxectividade, da autoconciencia. Neste intre, ambos filósofos comprenden que están pensando de forma totalmente diferente. Esta foi a obra máis importante e lograda, tanto na forma como no contido. Posteriormente a esta etapa veu a fase chamada de identidade, que chegou ata 1809 cuxo texto máis importante foi ''Philosophische Untersuchungen über das Wesen der menschlichen Freiheit'' (Investigacións filosóficas sobre a esencia da liberdade humana e os obxectos con ela relacionados).