Josep Carreras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
En [[1972]] debutou nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] no papel de ''Pinkerton'' de ''Madame Butterfly''. En [[1973]] debutou en [[Londres]] e, en [[1974]], en [[Viena]], interpretando ''A Traviata''. Ós 28 anos, Carreras cantara xa 24 óperas distintas. En [[1978]] interpretou ''Don Carlo'' no [[Festival de Salzburgo]], baixo a dirección de [[Karajan]]. En [[1984]] recibiu a [[Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya]]. En [[1987]], cando se atopaba no cume da súa carreira, foille diagnosticada unha [[leucemia]] e os médicos déronlle poucas posibilidades de sobrevivir. Tras duros tratamentos que incluíron [[radioterapia]] e [[quimioterapia]] e un autotransplante de [[Medula espiñal|medula]], Carreras puido reanuda-la traxectoria artística. En [[1988]] fundou a [[Fundación Josep Carreras contra a leucemia]], unha organización que apoia economicamente a investigación contra a leucemia e que mantén un banco de doantes de [[medula ósea]].
 
En 1991, recibiu o [[Premio Princesa de Asturias das Artes|Premio Príncipe de Asturias das Artes]], colectivamente, con [[Victoria de los Ángeles]], [[Teresa Berganza]], [[Pilar Lorengar]], [[Montserrat Caballé, [[José Carreras|Carreras]], [[Alfredo Kraus]] e [[Plácido Domingo]].<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/1991/10/18/radiotv/687740431_850215.html|páxina-web=elpais.com|título=Premios Príncipe de Asturias|data-acceso=8 de xuño de 2021|apelidos=Albert|nome=Antonio|lingua=es|data-publicación=18 de outubro de 1991}}</ref>
 
En [[1991]] foi galardoado co [[Premio Princesa de Asturias das Artes|Premio Príncipe de Asturias das Artes]]. O [[13 de setembro]] de [[2002]] inaugurou en [[Sant Joan d'Alacant]] unha praza en homenaxe ó labor realizada na loita contra a leucemia. O [[22 de setembro]] de [[2006]] inaugurou en [[Fuenlabrada]] un teatro que leva o seu nome. O [[17 de xuño]] de [[2008]] celebrou un acto no [[Teatre del Liceu]] de Barcelona con motivo dos seus cincuenta anos dende o seu debut no mesmo escenario