Diferenzas entre revisións de «Hispania»

sen resumo de edición
m (→‎Nativos ibéricos: arranxiño)
 
[[Ficheiro:Hispania.png|miniatura|Territorio da diocese romana de Hispania coa división provincial de [[Diocleciano]]]]
 
'''Hispania''' foi o nome dado polos [[fenicios]] á [[Península Ibérica]], posteriormente utilizado polos [[Roma antiga|antigos romanos]] para toda a península ([[Portugal]], [[España]], [[Andorra]] e [[Xibraltar]]) e para as dúas [[provincia romana|provincias]] creadas posteriormente durante a [[República Romana]]: [[Hispania Citerior]] e [[Hispania Ulterior]]. Durante o [[Principado romano|Principado]], a Hispania Ulterior foi dividida en dúas novas provincias: a [[Bética]] e a [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], en tanto a Hispania Citerior foi rebautizada como [[Tarraconense]]. Máis tarde, a parte occidental da Tarraconense foi separada, inicialmente como ''Hispania Nova'', e máis tarde rebautizada como ''Callaecia'' (ou [[Gallaecia]], correspondente á actual [[Galiza]], Norte de Portugal e Asturias e parte de León). Durante a [[tetrarquía]] de [[Diocleciano]] ([[284]]), o sur da Tarraconense foi separado para constituír a provincia [[Cartaxinense]]. ONesta época, o conxunto de todas as provincias hispánicas formabanforon unhaagrupadas nunha única [[dioceses romanas|diocese civil]] denominada ''[[Diocesis Hispaniarum]]'' (diocese das Hispanias), baixo a dirección do ''vigairo'' de ''Hispaniae'', cuxas competencias se estendían tamén á [[Mauretania Tinxitana]] (ao redor de [[Tánxer]]) que, polo tanto, eran oficialmente consideradas 'hispánicas'.
 
A [[invasión romana da Península Ibérica|ocupación romana]] comezou o [[-218|218 a.C.]] co desembarque dos romanos en [[Empúries|Emporium]] e terminou a mediados do [[século V]], época en que toda a península asistiu á [[Migracións dos pobos bárbaros|invasión]] dos [[suevos]], [[alanos]] e [[vándalos]] e, máis tarde, dos [[visigodos]]. Ao longo de todo este período, tanto os pobos como a organización política do territorio sufriron profundas e irreversíbeis mudanzas, e a Hispania converteuse nunha parte fundamental do [[Imperio Romano]], proporcionándolle un enorme caudal de recursos materiais e humanos, ao mesmo tempo que foi unha das rexións máis estábeis do Imperio.
5.642

edicións