Metro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
símbolo
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 86:
== Historia da definición do metro ==
[[Ficheiro:Kilometre definition.svg|miniatura|200px|Definición antiga do metro como a dezmillonésima parte da metade dun [[meridiano]] terrestre.]]
Durante toda a historia leváronse a cabo intentos de unificación das distintas medidas co obxecto de simplificar os intercambios, facilitar o comercio e o cobro xusto dos [[imposto]]s. En 1671 [[Jean Picard]] mediu a lonxitude dun [[péndulo]] cun período de dous [[segundo]]s no [[Observatorio de París]]. Atopou un valor de 440,5 liñas da [[toesa]] de Châtelet, que acababa de ser renovada. Propuxo unha toesa universal (en francés, ''Toise universelle'') que era o dobre da lonxitude do péndulo.<ref>{{Cita libro|url=https://gallica.bnf.fr/ark:/12148/btv1b7300361b|title=Mesure de la terre [par l'abbé Picard]|last=texte|first=Picard, Jean (1620–1682). Auteur du|date=1671|website=Gallica|pages=3–4|language=en|access-date=2018-09-13}}</ref><ref>{{Cita libro|url=https://archive.org/details/lesystmemtri00bigo|title=Le système métrique des poids et mesures ; son établissement et sa propagation graduelle, avec l'histoire des opérations qui ont servi à déterminer le mètre et le kilogramme|last=Bigourdan|first=Guillaume|date=1901|publisher=Paris : Gauthier-Villars|others=University of Ottawa|isbn=|location=|pages=[https://archive.org/details/lesystmemtri00bigo/page/6 6]–8}}</ref> Porén, descubriuse axiña que a lonxitude dese péndulo varía co lugar: o astrónomo francés [[Jean Richer]] medira unha diferenza do 0,3% de lonxitude entre [[Cayenne]] (na [[Güiana Francesa]]) e en [[París]].<ref>{{Cita libro|url=https://archive.org/details/bub_gb_TL4KAAAAIAAJ|title=A Textbook of Physics|last=Poynting|first=John Henry|last2=Thomson|first2=Joseph John|date=1907|publisher=C. Griffin|isbn=|location=|pages=[https://archive.org/details/bub_gb_TL4KAAAAIAAJ/page/n30 20]|language=en}}</ref><ref>{{Cita libro|url=https://gallica.bnf.fr/ark:/12148/btv1b7300361b|title=Mesure de la terre [par l'abbé Picard]|last=Picard|first=Jean (1620–1682) Auteur du texte|date=1671|publisher=|isbn=|location=|pages=3–5|language=EN}}</ref><ref>{{Cita libro|title=L'exploration du système solaire|last=Bond, Peter, (1948- ...).|date=2014|publisher=De Boeck|others=Dupont-Bloch, Nicolas.|isbn=9782804184964|edition=[Édition française revue et corrigée]|location=Louvain-la-Neuve|pages=5–6|oclc=894499177}}</ref> [[Jean Richer]] e [[Giovanni Domenico Cassini]] mediron a paralaxe de Marte entre París e Cayenne cando Marte estaba máis próximo á [[Terra]] en 1672. Chegaron a un valor para a paralaxe solar de 9,5 segundos de arco.
 
Na [[Revolución Francesa]], xunto con outros desafíos considerados necesarios para os ''novos tempos'', nomeáronse comisións de científicos para uniformar os pesos e as medidas, entre os que está a lonxitude. A tarefa foi ardua e complexa. Considerouse empregar como padrón a lonxitudo do [[péndulo]] nun [[segundo]] a unha [[latitude]] de 45°, pero acabou descartándose por non ser ''un modelo completamente obxectivo''.<ref>Estrada, H. Ruiz, J. Triana, J. [http://bibliotecadigital.univalle.edu.co/bitstream/10893/4105/1/08Art.pdf El origen del metro y la confianza en la matemática] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170117103632/http://bibliotecadigital.univalle.edu.co/bitstream/10893/4105/1/08Art.pdf |date=17 de xaneiro de 2017 }}, 2011, ISSN 0120-6788, págs.&nbsp;89-101.</ref> Finalmente acordouse medir un arco de [[meridiano]] para establecer sobre el e polo tanto sobre a propia [[Terra]] o [[unidade de medida|padrón]] do metro. Os encargados de facer esta medida foron [[Jean Baptiste Joseph Delambre]] e [[Pierre Méchain]], que a estableceron entre 1791 e 1798 mediante un sistema de triangulación dende [[Dunkerque]] a [[Barcelona]].<ref name=DenigGuedj/>