Batalla de Rande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 51:
A artillería francesa contivo os primeiros ataques, pero Hopson logrou romper a barreira que impedía o paso do estreito a bordo do ''Torbay'', o buque insignia británico, armado con picos. A frota anglo-holandesa logrou así penetrar no fondo da ría, e ante a falta de espazo para as manobras recorreuse á abordaxe. A loita corpo a corpo combinouse co uso de material incendiario, decidíndose a vitoria pola gran diferenza numérica entre as escuadras.
 
O marqués de Châteaurenault ordenou incendiar os propios barcos cando estaba todo perdido para evitar que caesen nas mans do inimigo. Mentres, [[Gaspar Antonio de Zúñiga]], o [[príncipe de BarbanzónBrabanzón]], [[Capitán Xeneral de Galicia|capitán xeneral de Galicia]], ordenou poñer a salvo o pouco que quedaba por descargar do [[quinto real]], transportándose ata [[Lugo]] e dende alí a [[Segovia]].
 
Morreron uns 2.000 homes do bando hispano-francés e uns 800 do anglo-holandés. Ademais, os franceses perderon os seus mellores buques de guerra, e os españois quedaron sen barcos para a carreira de Indias.