Doutor, doutora honoris causa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Sen resumo de edición
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Invitación ao acto da investidura de María Wonenburger como Doutora Honoris Causa.jpg|miniatura|300px||Invitación ao acto da investidura de [[María Wonenburger]] como Doutora Honoris Causa da [[UDC]].]]
'''Doutor ou doutora honoris causa''' é un título honorífico que concede unha [[universidade]] a persoas eminentes. Esta designación outórgase principalmente a personaxes que se destacaron en certos ámbitos profesionais que non son licenciados nunha carreira, é como un recoñecemento a alguén non oficial nun ámbito científico.
 
== Etimoloxía e uso ==
'''Honoris causa''' (h.c.) é unha [[locución latina]] cuxo significado é ''por causa de honra'', unha calidade que conduce a un ao cumprimento dos seus deberes, respecto aos seus semellantes e a si mesmo, é a boa reputación que segue á virtude, ao mérito ou ás accións de servizo, as cales transcenden ás familias, persoas, institucións e as accións mesmas que se recoñecen. É unha alta honra para persoas de testemuño social, recoñecido e irreprochable. Na maioría dos casos, esta locución é antecedida polo termo ''[[mestre]]'' ou ''[[Doutoramento|doutor]]''.
 
No haber de todo centro de ensino superior que se prece existe unha selecta lista composta por científicos, investigadores, pensadores ou artistas de prestixio distinguidos co Doutoramento "Honoris Causa", algo que constitúe, probablemente, un dos mellores escaparates do seu potencial académico e de investigación.
 
== Cerimonial ==
[[Ficheiro:HonoriscausaValladolid.jpg|miniatura|300px|Investidura dun doutor honoris causa na [[Universidade de Valladolid]].]]
A concesión, no cerimonioso ritual de investidura, de distintos obxectos relacionados coa universidade clásica encerra toda unha exaltación da docencia e a sabedoría. Como a un cabaleiro do ensino, ao doutorando impónselle, de modo sucesivo:
 
Liña 17 ⟶ 18:
Tras a cerimonia, e coa concesión ao novo doutor das facultades de ler, comprender e interpretar, indícaselle: "Toma asento na cátedra da Sabedoría, e desde ela, descollando pola túa ciencia, ensiña, orienta, xulga e mostra a túa magnificencia na universidade, no foro e na sociedade", comprometéndose este a gardar as leis e a honra da universidade e prestarlle favor, auxilio e consello.
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
===Outros artigos===
*[[Doutoramento]]
*[[Camilo José Cela]]
*[[Cum laude]]
*[[Indumentaria académica]]
 
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.protocolo.org/gest_web/proto_Seccion.pl?rfID=281&arefid=269 Protocolo e etiqueta da investidura Doutor Honoris Causa]{{es}}