Diferenzas entre revisións de «Gutasaga»

(→‎Gutasaga: Corrección ortográfica)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
 
 
== Un mito de creación local ==
A saga comeza con Gotland sendo descuberta por un home chamado Þieluar (Tjalve) (gútnico: Tjelvar). Era unha figura mitolóxica que aparece dúas veces na ''[[Edda prosaica]]'' e unha na ''Gutasaga''. Gotland está baixo un feitizo e permanece baixo as augas durante o día e emerxe durante a noite. O feitizo é roto por Þieluar ao acender un lume na illa. O sonfillo de Þieluar, Hafþi (Havde) e a súa muller Vitastjerna (gútnico: Hwitastierna) tiveron tres fillos chamados Graip, Gute e Gunfjaun, os antepasados dos Gutes. Despois da primeira noite de Havde e Vitastjerna xuntos, ela tivo un soño sobre tres serpes entrelazadas no seu seo. Este feito interpretouse como un símbolo de que todas as cousas están conectadas en círculos e que eles terían tres fillos. Este tema aparece representado en varias pedras pintadas en Gotland.<ref>{{cita web|título=Vitastjärnas dröm|url=http://www.guteinfo.com/?id=1832|editor=Guteinfo|dataacceso=4 de maio de 2018}}</ref>
 
A saga di que despois de que o seu pai morrese, Gute foi elixido xefe e deulle o nome tanto á illa como aos seus habitantes. Os tres irmáns compartiron Gotland, mantendo Gute a parte do medio, Graip o norte e Gunnfjaun o sur. Gotland dividíuse en tres partes, feito que se reflectiu na partición da illa en tres ''Tredingar'', unha división que permaneceu legalmente ata [[1747]]<ref>{{cita web|título=Gotlands land och folk|url=http://runeberg.org/gotlands/0034.html|editor=Projekt Runeberg|dataacceso=4 de maio de 2018}}</ref> e aínda permanece dentro da Igrexa, que a día de hoxe conserva esa división en tres Decanatos.
64.184

edicións